Saltar ao contido

Dál Riata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A área resaltada corresponde aproximadamente ao reino de Dál Riata
Mapa de Dalriada, en verde, no ano 590. As rexións pictas están marcadas en amarelo.

Dál Riata [a] (tamén Dalriada ou Dalriata) foi un reino gaélico da costa occidental de Escocia.[b] A principios do século V, Dál Riata cubría a área do que hoxe é Argyll and Bute e Lochaber en Escocia. Viñan da zona do condado de Antrim, en Irlanda do Norte, onde se lles chamaba "scots"[2] Posteriormente seguiron a establecerse outros grupos de Irlanda. Estes grupos tamén se asentaron na costa oeste até Cornualla. A colonia dos irlandeses Dál Riata era coñecida polos romanos como os Scotti. Foi este grupo o que máis tarde deu o seu nome a Escocia.[3]

No momento en que comezaron a colonizar Dál Riata, os únicos outros pobos que vivían no extremo norte de Gran Bretaña eran os pictos.[3] Ocuparon a parte oriental de Escocia ao norte do que hoxe é Edimburgo. Sobre o ano 297 foron mencionados por escritores romanos sobre un ataque ao longo do muro de Hadriano.[3] Mesmo neste período inicial, os romanos atoparon os Scotti irlandeses axudando aos pictos aínda que aínda non se trasladaran alí permanentemente. Así que os dous grupos eran vistos polos romanos como aliados.[3] Como é que Dál Riata en Escocia era visto como unha colonia aínda controlada desde Irlanda non está claro para os historiadores modernos.[4]

Algúns consideran que os Dál Riatans tiñan os seus propios reis locais co seu rei ou señor supremo (overlord) en Irlanda. Outros viron que estaba gobernado por un só rei[4]. Dál Riata converteuse no fogar do monxe irlandés San Columba de Iona, quen estableceu unha comunidade cristiá na illa de Iona. Levou o cristianismo a toda Escocia, gaélicos e pictos.[4]

O reino subiu ao poder baixo o liderado de Aedan mac Gabrain, que se converteuse no seu rei en 574.[5] En 603 Aedán dirixiu ao seu pobo contra Aethelfrith de Bernicia (tamén chamado de Northumbria) nun lugar chamado Degsastan.[5] Os escoceses foron completamente derrotados.[6] As derrotas en Irlanda e Escocia durante o reinado de Domnall Brecc (m. 642) acabaron coa hexemonía de Dál Riata. O reino quedou baixo o control de Northumbria, daquela sometida aos pictos. A independencia do reino rematou na Idade Viquinga, xa que se fusionou coas terras dos pictos para formar o Reino de Alba, despois chamado Reino de Escocia (non confundir con outros topónimos coincidentes, ou similares como Alban, Albany... Alba é o nome en gaélico de Escocia e utilízase por nesta época ser a elite gaelicofalante e máis tarde normandoescocesa, en contraposición coa época dos Estuardo na que a elite era na súa maior parte anglofalante).

  1. O nome Dál Riata provén da lingua irlandesa antiga. Dál significa "división" e Riata o nome do seu xefe.[1]
  2. Nese momento Escocia era chamada Pictland

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Bede, Ecclesiastical History of the English People, trans. Leo Sherley Price, revsd. R. E. Latham (Londres; Nova York: Penguin, 1990), p. 46
  2. Lloyd Robert Laing, The Archaeology of Celtic Britain and Ireland: C.AD 400–1200 (Cambridge: Cambridge University Press, 2006), p. 324
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Dean R. Snow, 'Scotland's Irish Origins', Archaeology, Vol. 54, No. 4 (July/August 2001), p. 54
  4. 4,0 4,1 4,2 Celtic Culture: A Historical Encyclopedia, ed. John T. Koch (Santa Barbara, CA: ABC-CLIO, 2006), p. 556
  5. 5,0 5,1 Frank Stenton, Anglo-Saxon England (Oxford: Oxford University Press, 1971), p. 77
  6. Peter Hunter Blair, Roman Britain and Early England; 55 B.C.–A.D. 871 (Nova York; Londres: W. W. Norton & Company, 1966), pp. 190-91

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]