Muralla de Hadrián
Coordenadas: 55°01′27″N 2°17′33″O / 55.02417, -2.29250
|
||
|
|
||
Vista dos restos do Muro. |
||
| Inscrición: | 1987 | |
| País: | ||
| Localización: | 55°01′27″N 2°17′33″O / 55.02417, -2.29250 | |
| Rexión: | Europa | |
| Tipo: | Cultural | |
| Criterios: | ii, iii, iv | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.
Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.
A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.
A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Información xeral sobre o Muro de Hadrián e como recorrelo en bicicleta (en español)
- A zona da Muralla de Hadrián (en inglés)
|
||||||||||||||||||||||||||||
|