Condado de Antrim
| Condado de Antrim | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
O condado de Antrim (en gaélico irlandés Contae Aontroma; en inglés County Antrim) é un dos seis condados de Irlanda que forman parte de Irlanda do Norte, e un dos nove que forman a provincia do Ulster. Está situado no nordeste da illa de Irlanda e a súa cidade máis importante é Belfast, capital de Irlanda do Norte; a maior parte de Belfast está no condado de Antrim, porén unha parte está no condado de Down.
Administración
[editar | editar a fonte]A cidade tradicional do condado é Antrim. Máis recentemente, Ballymena foi a sede do goberno do condado. Os condados de Irlanda do Norte deixaron de ser entidades administrativas en 1973, coa reorganización do goberno local. En Irlanda do Norte, a estrutura do condado xa non se utiliza no goberno local. Irlanda do Norte está hoxe dividida en distritos.
Distritos
[editar | editar a fonte]O condado está dividido en nove distritos:
Concellos
[editar | editar a fonte]A maioría dos residentes do condado de Antrim están administrados polos seguintes nove concellos:
Topónimo
[editar | editar a fonte]O condado leva o nome da antiga cidade do condado, Antrim. O nome provén do gaélico irlandés Aontroim que significa "crista solitaria" [1]. Coontie Antrìm,[2] Countie Antrim,[3] Coontie Anthrim[4] e Coonty Entrim[5] son nomes en scots do Ulster.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Unha gran parte de Antrim é moi montañosa. Os outeiros máis altos están no leste do condado. A cadea montañosa discorre cara ao norte e ao sur e, seguindo esta dirección, os puntos máis altos son Trostan (550m), Knocklayd (514m) e Slieveanorra (508m).[6] Ao longo da costa hai moitos cantís no norte. Algúns dos máis notables son os formados por columnas basálticas verticais, como na Calzada do Xigante.
A única illa grande do condado de Antrim é a illa de Rathlin, que ten forma de L, fronte a Ballycastle, de 11 km de lonxitude total por 2 km de anchura máxima.
O río Bann e o río Lagan son os dous ríos importantes do condado. O condado limita co Lough Neagh.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cross fitness for beginners". Shawn Johnson - Cross fitness blog (en inglés). 2016-07-23. Consultado o 2022-03-06.
- ↑ Bonamargy Friary Guide Arquivado 2011-08-30 en Wayback Machine. Department of the Environment.
- ↑ "North-South Ministerial Council: 2004 Annual Report in Ulster Scots" (PDF). northsouthministerialcouncil.org. Archived from the original on 02-09-2012. Consultado o 26-6-2013.
- ↑ 2008 annual report in Ulster-Scots Arquivado 2013-07-03 en Wayback Machine. Tourism Ireland.
- ↑ The Ulster-Scot, June 2011 Charlie 'Tha Poocher' Rennals.
- ↑ "Antrim Mountains". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 3-6-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Antrim |
| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

