Iona
(en) Iona | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Hébridas Interiores | ||||
Situado na entidade xeográfica | Hébridas Interiores | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Argyll and Bute, Reino Unido e Kilfinichen and Kilvickeon, Reino Unido (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Mar das Hébridas | ||||
Características | |||||
Superficie | 877 ha | ||||
Iona é unha pequena illa nas Hébridas Interiores, Escocia. Iona ocupa un lugar importante na historia do Cristianismo en Escocia, e é coñecida pola súa tranquilidade e natural beleza. O seu nome gaélico é Ì Chaluim Cille (Illa de San Columba; anteriormente anglicizado como "Icolmkill"), ou ás veces, simplemente, como Ì ou Idhe.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Iona atópase a unha distancia aproximada de 1´6 km. da costa da Illa de Mull. A illa ten un largo de 1´6 km. e un longo de 5´6 km. cunha poboación de 125 persoas.[1]
O punto máis alto de Iona é o Dùn Ì (101 m.), un forte da Idade de Ferro, datado entre -100 e 200. Outros elementos xeográficos son a Baía no fondo do Océano, unha baía na costa Oeste da illa que recibe o seu nome de que o seguinte punto en liña recta é América, e o Càrn Cùl ri Éirinn (o outeiro que da as costas a Irlanda), que se di está ao lado da praia onde San Columba chegou na súa primeira visita á illa.
Historia
[editar | editar a fonte]No 563 San Columba, tamén coñecido como Colm Cille, foi exiliado do seu país natal, Irlanda, como resultado da súa participación na Batalla de Cul Dreimhne, e fundou un mosteiro en Iona con 12 compañeiros. Desde alí puxéronse á conversión ao Cristianismo dos pagás escoceses e de gran parte do norte de Inglaterra. Iona colleu fama como un lugar de aprendizaxe e difusión da misión cristiá en Europa e converteuse nun importante lugar de peregrinación. Iona converteuse nunha illa sagrada onde varios reis de Escocia, Irlanda e Noruega chegaron a ser enterrados.
No século VII o cristianismo celta tal como se practicaba en Iona estaba en conflito con Roma ata que o Sínodo de Whitby, estableceu a práctica romana como norma.
Moitos cren que a totalidade ou parte do Libro de Kells produciuse en Iona a finais do século VIII, o bi-centenario da morte de Columba (597) foi o evento apropiado para conmemoralo coa produción de tal manuscrito extraordinariamente elaborado. Unha serie de incursións viquingas no mosteiro de Iona, comezaron no ano 794 e, despois de que os seus tesouros foran saqueados moitas veces, as reliquias de Columba foron divididas entre Escocia e Irlanda, no ano 849 se abandonou o mosteiro.
Un convento de monxas da orde beneditina fundouse en 1208, con Beathag, filla de Somerled, como primeira priora. A actual abadía beneditina foi construída en 1203. O mosteiro floreceu ata a Reforma cando os edificios foron derrubados e todas menos tres das 360 cruces talladas destruídas.
Do convento do século XII-XIII sobreviven as ruínas da igrexa, o claustro, e un colorido xardín. A diferenza do resto dos edificios relixiosos medievais, as ruínas do convento estaban demasiado fragmentadas para restaurar, aínda que son os restos máis completos dun convento medieval en Escocia.
No século XIX foi extraído comercialmente no sueste de Iona un mármore verde con raias, a canteira e a maquinaria sobreviven. Aínda se poden atopar nas praias da illa seixos de mármore de Iona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Scotland Census 2001 - anaylser". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isle of Iona, Scotland (produced on behalf of the Iona Community Council)
- The Iona Community Arquivado 17 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
- Computer-generated virtual panorama Summit of Iona Index
- Official Iona Beach Party website