John Henson
![]() |
|
Milwaukee Bucks – No. 31 | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1990 (27 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Sickles High School (Tampa, Florida) |
Universidade | North Carolina |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2012-presente) | |
Información en nba.com |
John Allen Henson, nado o 28 de decembro de 1990, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Índice
Instituto[editar | editar a fonte]
Durante tres anos, Henson foi ó Round Rock High School en Round Rock, Texas. No seu derradeiro ano trasladouse ó Sickles High School en Tampa, Florida. Nesa tempada 2008-09, fixo 17.6 puntos, 12.2 rebotes e 6.1 tapóns por partido. Henson liderou ó equipo a unha marca de 24-5, e a unha marca de 10-0 na liga,[1] pero o equipo perdeu contra o Lakeland Senior HS por 48-43 nas semifinais rexionais do campionato FHSAA da Clase 6A de Florida.[2] Henson foi elixido no primeiro equipo do estado, e Xogador do Ano pola Asociación de Adestradores de Tampa Bay.
Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]
Henson comezou a súa primeira tempada universitaria xogando de aleiro para os Tar Heels, pero coa lesión de Ed Davis, Henson pasou a xogar de ala-pivote a mediados de febreiro de 2010. Tras ese cambio, mellorou o xogo de Henson, e fixo 9.4 puntos por partido nos 16 derradeiros encontros da tempada. Porén, os Tar Heels non se clasificaron para o Torneo da NCAA, perdendo contra Dayton nas finais do National Invitation Tournament.[3]
En 2011 e 2012, conseguiu o premio ó Xogador Defensivo do Ano.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, Henson foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Milwaukee Bucks.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en TarHeelBlue.com (en inglés)
- Perfil en Scout.com (en inglés)
|