Bradley Beal
Phoenix Suns – No. 3 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de xuño de 1993 (31 anos) St. Louis, Missouri |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 94 kg (207 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Chaminade College Prep. School (Creve Coeur, Missouri) |
Universidade | Florida (2011–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Washington Wizards |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2012–2023) Phoenix Suns (2023–presente) |
Bradley Emmanuel Beal Sr., nado o 28 de xuño de 1993 en St. Louis, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).
Instituto
[editar | editar a fonte]Beal acudiu ao Chaminade College Preparatory School en St. Louis, Missouri. Competiu cos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIFA sub-17 de 2010, conseguindo a medalla de ouro con Beal acadando 18 puntos por partido.[1] Durante o seu ano coma sénior no instituto, Beal fixo 32.5 puntos, 5.7 rebotes e 2.8 asistencias por partido. Ao remate desa tempada, foi elixido Mr. Show-Me Basketball de 2011, galardón entregado ó mellor xogador de baloncesto de instituto do estado de Missouri.[2] Foi ademais nomeado Xogador do Ano Gatorade de 2011.
Traxectoria universitaria
[editar | editar a fonte]Beal decidiu ir á Universidade de Florida o 30 de novembro de 2009.[3] No seu primeiro partido en Florida, Beal foi titular e anotou 14 puntos. Foi nomeado Freshman da Semana o 28 de novembro de 2011, tras facer 8.5 puntos, 7 rebotes, 2 asistencias e 1.5 roubos de balón nas vitorias contra Wright State e Jacksonville.[4] Beal gañaría outros cinco premios de Freshman da Semana, e foi elixido no mellor equipo de Freshman da tempada.[5] Beal rematou a tempada coma o segundo maior anotador do equipo con 14.8 puntos por partido.
O 13 de abril de 2012, Beal anunciou que non ía disputar a súa tempada coma sophomore, e declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2012.[6]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 2012, Beal foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Washington Wizards.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FIBA.com-2010 FIBA U17 World Championship for Men Top Players". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012.
- ↑ "Mr. and Miss Show-Me Basketball". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012.
- ↑ "Rivals.com-Brad Beal recruiting profile".
- ↑ "Beal Named SEC Freshman of the Week". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2011.
- ↑ "Three Gators Earn Men's Basketball All-SEC Honors, Young Named Scholar-Athlete of the Year". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012.
- ↑ Harry, Chris. "Bradley Beal Informs Gators of Intentions to Turn Pro". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 13 de abril de 2012.