Jared Sullinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jared Sullinger
Sullinger cropped.jpg
Boston Celtics – No. 7
Aleiro
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1992 (23 anos)
Flag of Ohio.svg Columbus, Ohio
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 120 kg (265 lb)
Información da carreira
Instituto Northland High School
Universidade Ohio State (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 21

Por Boston Celtics

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Boston Celtics (2012-presente)
Información en nba.com

Jared Sullinger, nado o 4 de marzo de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).

Instituto[editar | editar a fonte]

No seu derradeiro ano de instituto, Sullinger liderou ó Northland High School a unha marca de 21-0 e ó número 1 do ránking nacional. Acadou 24.5 puntos e 11.7 rebotes nesa tempada.[1] Foi seleccionado ademais para xogar o All-American Game de 2010 en Columbus, Ohio,[2] onde foi elixido co-MVP xunto a Harrison Barnes.[3] Foi tamén seleccionado para xogar o Nike Hoop Submit no Rose Garden en Portland, Oregon,[4] e o Jordan Brand Classic no Madison Square Garden en Nova York.[5]

O 10 de marzo de 2010, Sullinger gañou o premio James A. Naismith, que se entrega ó mellor xogador de baloncesto do ano no instituto.[1]

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Freshman[editar | editar a fonte]

Sullinger conseguiu 19 puntos e 14 rebotes no seu debut con Ohio State.[6] Na tempada 2010-11, Sullinger acadou 17.2 puntos, 10.2 rebotes e 1.2 asistencias en 31.7 minutos de xogo para os Buckeyes. Ohio State rematou a tempada cun 32-2, conseguiron a primeira praza para o torneo de 2011 da NCAA. Os Buckeyes conseguiron chegar ó 'Sweet Sixteen', onde perderon contra os Kentucky Wildcats por 62-60. Sullinger foi elixido no primeiro equipo All-America por Fox Sports.[7]

Sophomore[editar | editar a fonte]

No que sería o seu derradeiro ano en Ohio State, Sullinger liderou ós Buckeyes a unha marca de 31-8, con 17.5 puntos e 9.3 rebotes por partido na 2011-12. Os Buckeyes chegaron á 'Final Four' do Torneo da NCAA de 2012, onde perderon contra os Kansas Jayhawks. Nese partido, Sullinger anotou 13 puntos e capturou 11 rebotes, con 5 tiros anotados de 19 intentos. Cinco días despois da derrota, o ala-pivote declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[8]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Sullinger foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo, asinou o seu contrato cos Celtics.[9] O 9 de xullo de 2012, fixo o seu debut cos Celtics na Summer League de Orlando, onde anotou 20 puntos, con 6 de 12 tiros anotados e 7 de 7 tiros libres, e capturou 6 rebotes en 24 minutos de xogo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Northland High School basketball player, father win national Naismith awards». The Columbus Dispatch. 2010-03-10. Consultado o 2010-08-26. 
  2. «McDonald’s All-American Game Team Announced». Slam Online. 2010-02-11. Consultado o 2010-08-26. 
  3. «McDonald's All-American night: Knight's 3-pointer wins it for the West - MaxPreps News». Maxpreps.com. 2010-03-31. Consultado o 2010-08-26. 
  4. «It’s the USA Against Everyone Else». Slam Online. 2010-01-20. Consultado o 2010-08-26. 
  5. «Jordan Brand All-American Game Team Announced». Slam Online. 2010-02-18. Consultado o 2010-08-26. 
  6. Ohio State routs North Carolina A&T in season opener
  7. Goodman, Jeff (7 de marzo de 2011). «Goodman's 2010-11 All-America teams». Fox Sports (Fox Sports Interactive Media). Consultado o 21 de xuño de 2011. 
  8. http://espn.go.com/nba/draft2012/story/_/id/8069495/2012-nba-draft-docs-medically-red-flag-jared-sullinger-sources-say
  9. Forsberg, Chris (3 de xullo de 2012). «C's sign Sullinger, Melo, Joseph». ESPN.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]