Michigan State Spartans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Michigan State Spartans
Michigan State Spartans alternate logo.svg
División División I da NCAA
Subdivisión no fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS)
Conferencia Big Ten Conference e
Central Collegiate Hockey Association
Alcume Spartans
Mascota Sparty
Estadio de fútbol americano Spartan Stadium
(75.005 espectadores)
Pavillón de baloncesto Breslin Student Events Center
(14.992 espectadores)
MSU Spartan Stadium Facade.jpg

Os Michigan State Spartans son o equipo deportivo da Universidade Estatal de Michigan. Os equipos dos Spartans participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big Ten Conference e da Central Collegiate Hockey Association. O programa deportivo da universidade conta con 22 deportes diferentes.

O equipo de fútbol americano, de gran tradición en Michigan, formouse en 1884 e gañou o título nacional en 1951, 1955, 1957 e 1966. O equipo de baloncesto tamén ten a súa historia, iniciada co gran Magic Johnson na mítica final da NCAA ante Indiana State de Larry Bird. En 2000 tamén se alzaron co título. O 13 de decembro de 2003, Michigan State e Kentucky xogaron o partido con máis espectadores na historia do baloncesto, 78.129 no Ford Field, un estadio de Detroit. Kentucky gañou 79-74. No hockei sobre xeo tamén se batiu ese récord, con 74.554 espectadores no ano 2001.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]