Arnett Moultrie
![]() | |
Jiangsu Dragons | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1990 (29 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Raleigh Egypt (Memphis, Tennessee) |
Universidade | UTEP (2008–2010) Mississippi State (2011–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Miami Heat |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2012-presente) →Sioux Falls Skyforce (2012-2013) →Delaware 87ers (2014) Jiangsu Dragons (2014-presente) |
Arnett Nathaniel Moultrie, nado o 18 de novembro de 1990 en Queens, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Jiangsu Dragons da Chinese Basketball Association (CBA).
Índice
Instituto[editar | editar a fonte]
Na tempada coma júnior no Raleigh-Egypt High School, Moultrie fixo 15 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns por partido. Na súa tempada sénior, acadou 15 puntos, 8 rebotes e 4 tapóns por encontro.[1]
Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]
Freshman[editar | editar a fonte]
Na súa primeira tempada en UTEP, Moultrie fixo 8.8 puntos e 8.2 rebotes por partido, e foi incluído no All-Freshman Team da conferencia USA. No College Basketball Invitational, Moultrie aumentou os seus números ata 13.2 puntos e 8.7 rebotes por partido, pero non puido evitar a derrota de UTEP na rolda final contra Oregon State.[1]
Sophomore[editar | editar a fonte]
Na súa tempada sophomore en UTEP, acadou 9.8 puntos e 6.7 rebotes por partido. No Torneo Conference-USA, fixo 12.0 puntos por encontro e gañouse un posto no mellor quinteto do torneo.[1]
Júnior[editar | editar a fonte]
Moultrie foi forzado a non xogar durante unha tempada tras trasladarse á Universidade de Mississippi State. Na súa primeira tempada xogando para Mississippi State, Moultrie acadou 16.4 puntos e 10.5 rebotes por partido.[2] Foi ademais incluído no equipo All-SEC.[3] O 28 de marzo de 2012, Moultrie decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Moultrie foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Miami Heat. Despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Justin Hamilton e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[5]
O 27 de outubro de 2014, foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Travis Outlaw e unha futura elección do Draft. Tras a súa adquisición, Moultrie foi cortado polos Knicks.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Arnett Moultrie Profile". Mississippi State University Bulldogs Official Athletics site. Consultado o 22 de xuño de 2012.
- ↑ "Arnett Moultrie Profile". espn.go.com. Consultado o 22 June 2012.
- ↑ "2012 SEC Men's Basketball Awards Announced". Consultado o 22 June 2012.
- ↑ Marcello, Brandon. "Moultrie to declare for NBA Draft, end career at MSU". Consultado o 22 de xuño de 2012.
- ↑ "Sixers get Arnett Moultrie from Heat". nba.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2012.
- ↑ Knicks Complete Trade with Philadelphia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|