Royce White
![]() | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de abril de 1991 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 118 kg (260 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | DeLaSalle (Minneapolis, Minnesota) Hopkins (Minnetonka, Minnesota) |
Universidade | Minnesota (2009–2010) Iowa State (2011–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 16 Por Houston Rockets |
Carreira | 2012–2018 |
Historial de equipos | |
Rio Grande Valley Vipers (2012–2013) Sacramento Kings (2014) → Reno Bighorns (2014) London Lightning (2016–2018) |
Royce Alexander White, nado en Minneapolis (Minnesota) o 10 de abril de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]
White comezou a súa etapa universitaria en Minnesota, pero algúns incidentes no ano 2009 fixeron que o botasen do equipo do baloncesto na tempada 2009-10, e posteriormente deixaría a Universidade de Minnesota. Despois disto, trasladouse a Iowa State. Na tempada 2011-12, liderou ós Cyclones en puntos, rebotes, asistencias, roubos e tapóns, e foi o único xogador na División I en liderar ó seu equipo nas cinco estatísticas. Ó remate da tempada, foi incluído no primeiro equipo All-Big 12 e no Big 12 All Rookie Team.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets.[1]
O 13 de xullo de 2013, White foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Furkan Aldemir, para que os Rockets puideran facer óco salarial para poder fichar a Dwight Howard.[2] O 25 de outubro de 2013, foi cortado polos Sixers.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Hornets select Anthony Davis". ESPN. 2012-06-29. Consultado o 2012-06-30.
- ↑ "Sixers Acquire Rights to 21-year-old Center/Forward Furkan Aldemir of Turkey". NBA.com. 2013-07-13. Consultado o 2013-07-16.
- ↑ "Roster Transaction (10/25/2013)". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)