Evan Fournier
Orlando Magic – No. 10 | |
Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1992 (28 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Centre fédéral |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Denver Nuggets |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
JSF Nanterre (2009-2010) Poitiers (2010-2012) Denver Nuggets (2012-2014) Orlando Magic (2014-presente) | |
Información en nba.com |
Evan Mehdi Fournier, nado o 29 de outubro de 1992 en Saint-Maurice (Val do Marne, Illa de Francia), é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No ano 2009, Fournier fichou polo JSF Nanterre da LNB Pro B para a tempada 2009-10. En 2010, fichou polo Poitiers Basket 86 da LNB Pro A, onde xogou as dúas seguintes tempadas. O 28 de xuño de 2012, Fournier foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Denver Nuggets. Disputou a Liga de Verán da NBA de 2012 cos Nuggets, onde xogou 5 partidos nos que acadou 14.8 puntos, 2.4 rebotes, 1.4 asistencias e 1.2 roubos de balón en 31.2 minutos por encontro.[1]
O 11 de xullo de 2012, asinou un contrato multianual cos Nuggets.[2] En 2013, xogou de novo a Liga de Verán cos Nuggets.[3] O 26 de xuño de 2014, Fournier foi traspasado, xunto ós dereitos do Draft de Roy Devyn Marble, ós Orlando Magic, a cambio de Arron Afflalo.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "2012 Summer League Statistics". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ Denver Nuggets sign first-round draft pick Evan Fournier
- ↑ "2013 Summer League Statistics". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2014.
- ↑ Magic Trade Afflalo; Acquire Fournier and Marble
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en lnb.fr (en francés)
- Perfil en draftexpress.com (en inglés)