Marquis Teague

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marquis Teague
Memphis Hustle – No. 25
Posición Base
Liga NBA G League
Información persoal
Nacemento 28 de febreiro de 1993 (31 anos)
Indianapolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Instituto Pike (Indianapolis, Indiana)
Universidade Kentucky (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 29
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Chicago Bulls (2012–2014)
Iowa Energy (2013–2014)
Brooklyn Nets (2014)
Oklahoma City Blue (2014–2016)
Ironi Nahariya (2016)
Avtodor Saratov (2016–2017)
Fort Wayne Mad Ants (2017)
Memphis Hustle (2017–2018)
Memphis Grizzlies (2018)
Jeonju KCC Egis (2018–2019)
Memphis Hustle (2019–presente)

Marquis Devante Teague, nado o 28 de febreiro de 1993 en Indianapolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Hustle da NBA G League.

Instituto[editar | editar a fonte]

Teague foi clasificado coma o 5º mellor xogador por Rivals.com,[1] o 7º mellor por Scout.com[2], e foi o base mellor valorado da súa promoción.[3] En xullo de 2010, Teague, xunto ó seu futuro compañeiro nos Kentucky Wildcats, Michael Kidd-Gilchrist, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA sub-17 en Hamburgo.[4]

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Teague comprometeuse con Kentucky o 22 de abril de 2010, elixíndoa por delante da Universidade de Louisville entre outras.[5]

No primeiro partido da tempada 2011-12 e o primeiro na súa carreira coma Wildcat, Teague xogou de titular e anotou 16 puntos, con 7 de 12 en tiros anotados. Unha das mellores actuacións de Teague foi contra os Portland Pilots, onde anotou 14 puntos, repartiu 8 asistencias e roubou 4 balóns, sen perder ningún balón. Teague gañou o Campionato Nacional con Kentucky, o oitavo na historia da universidade.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En abril de 2012, Teague declarouse elixible para o Draft da NBA. O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft de 2012 polos Chicago Bulls.[6]

O 21 de xaneiro de 2014, Teague foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Tornike Shengelia.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yahoo Sports: Rivals.com Ranking - Rivals150 for the class of 2011". Rivals.yahoo.com. Consultado o 2010-08-26. 
  2. "Scout.com: Men's Basketball Recruiting". Scouthoops.scout.com. Consultado o 2010-08-26. 
  3. "College Basketball Recruiting - ESPNU 100 - ESPN". Insider.espn.go.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-08-26. 
  4. "Future Kentucky Wildcats Michael Gilchrist and Marquis Teague Win Gold | Daily Sports News, Scores, Schedules, Stats and Rumors". Sportsnewsandscores.com. 2010-07-14. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 2010-08-26. 
  5. "No. 4-rated junior Marquis Teague commits to Kentucky - ESPN". Sports.espn.go.com. 2010-04-22. Consultado o 2010-08-26. 
  6. "Hornets select Anthony Davis". ESPN. 2012-06-29. Consultado o 2012-06-30. 
  7. "Nets Acquire Marquis Teague From Chicago". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]