Michael Kidd-Gilchrist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Michael Kidd-Gilchrist
Michael Kidd Gilchrist cropped.jpg
Axente libre
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 26 de setembro de 1993 (27 anos)
Flag of Pennsylvania.svg Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 105 kg (232 lb)
Información da carreira
Instituto St. Patrick High School
(Elizabeth, Nova Jersey)
Universidade Kentucky (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 2

Por Charlotte Bobcats

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Charlotte Bobcats / Hornets (2012–2020)
Dallas Mavericks (2020)

Michael Anthony Edward Kidd-Gilchrist, nado Michael Gilchrist o 26 de setembro de 1993 en Camden, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Instituto[editar | editar a fonte]

Mentres estivo no St. Patrick High School foi considerado un dos mellores xogadores de baloncesto nos Estados Unidos.[1] En xullo de 2010, Gilchrist, xunto ó seu compañeiro en Kentucky Marquis Teague, formaron parte do equipo que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo FIBA sub-17 en Hamburgo.[2] Na primavera de 2011, Gilchrist e St. Patrick foron derrotados nas semifinais do NJSIAA Parochial polo St. Anthony High School.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Gilchrist decidiu ir á Universidade de Kentucky o 14 de abril de 2010.[3] No seu primeiro partido da tempada 2011-12, e o primeiro coma Wildcat, Kidd-Gilchrist foi titular e anotou 15 puntos, con 5 de 9 tiros anotados contra os Marist Red Foxes. Nun partido contra os seus rivais, os North Carolina Tar Heels, Kidd-Gilchrist liderou a Kentucky en anotación con 17 puntos, e ademais capturou 11 rebotes, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre coma Wildcat. Contra os cuartos clasificados, os Louisville Cardinals, Kidd-Gilchrist fixo a súa actuación máis espectacular da tempada con 24 puntos e 19 rebotes, anotando 13 tiros libres e rematando o partido sen ningunha perda de balón por primeira vez dende que chegara a Kentucky.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Kidd-Gilchrist foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Charlotte Bobcats.[4] O 8 de febreiro de 2020, foi cortado por Charlotte.[5]

O 11 de febreiro de 2020, Kidd-Gilchrist asinou cos Dallas Mavericks.[6] Debutou cos Mavericks o 21 de febreiro de 2020, na vitoria por 122-106 contra os Orlando Magic.[7]

O 28 de novembro de 2020, Kidd-Gilchrist asinou cos New York Knicks.[8] Foi cortado polos Knicks o 19 de decembro de 2020.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Seth Davis. "Just a junior, quiet but confident Gilchrist is nation's top player". Sports Illustrated. 10 de xullo de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2010.
  2. Future Kentucky Wildcats Michael Gilchrist and Marquis Teague Win Gold
  3. Knight, Gilchrist highlight Cats' one-day haul. Consultado o 16 de abril de 2010.
  4. UK's starting five opts for draft
  5. "Hornets Waive Michael Kidd-Gilchrist". National Basketball Association. 8 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  6. "Michael Kidd-Gilchrist signs with Mavericks". nba.com. 11 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  7. "Doncic, Mavericks notch another road win, 122-106 at Magic". nba.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  8. "Knicks Sign Michael Kidd-Gilchrist". National Basketball Association. 28 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  9. "Knicks Waive Three Players". NBA.com. 19 de decembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]