Quincy Acy
![]() | |
Phoenix Suns – No. 4 | |
Ala / Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1990 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | John Horn (Mesquite, Texas) |
Universidade | Baylor (2008–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Toronto Raptors |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Toronto Raptors (2012–2013) →Bakersfield Jam (2012–2013) Sacramento Kings (2013–2014) New York Knicks (2014–2015) Sacramento Kings (2015–2016) Dallas Mavericks (2016) Texas Legends (2016–2017) Brooklyn Nets (2017–2018) Phoenix Suns (2019–presente) |
Quincy Jyrome Acy, nado o 6 de outubro de 1990 en Tyler, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).
Instituto[editar | editar a fonte]
No seu ano sénior no instituto, Acy fixo 17.8 puntos e 7.8 rebotes por partido. Foi clasificado coma o 80º mellor xogador do país e o 22º mellor ala-pivote.[1]
Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]
Freshman[editar | editar a fonte]
Acy xogou para os Baylor Bears na Universidade. Coma freshman, acadou 5.4 puntos e 3.6 rebotes por partido. Foi elixido Rookie da Semana da conferencia Big 12 o 24 de novembro.[1]
Sophomore[editar | editar a fonte]
Na súa tempada sophomore, Acy fixo 9.3 puntos e 5.1 rebotes por partido, sendo o sexto home de Baylor. Foi ademais incluído no mellor quinteto de reservas da Big 12.[1]
Júnior[editar | editar a fonte]
Coma júnior, aumentou os seus números até 12.4 puntos e 7.6 rebotes por partido. Na primeira rolda do torneo da Big 12, Acy anotou 21 puntos e capturou 15 rebotes, a marca máis alta da súa carreira, na derrota contra Oklahoma. Ó remate da tempada, foi nomeado Sexto Home do Ano da Big 12.[1]
Sénior[editar | editar a fonte]
Na súa derradeira tempada en Baylor, acadou 12.0 puntos e 7.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi elixido no segundo mellor equipo da Big 12 polos adestradores da conferencia, e foi tamén incluído no mellor quinteto defensivo.[1]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, Acy foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.
O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Acy, Rudy Gay e Aaron Gray ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[2]
O 6 de agosto de 2014, Acy foi traspasado ós New York Knicks xunto a Travis Outlaw a cambio de Wayne Ellington e Jeremy Tyler.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Quincy Acy Profile". baylorbears.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2012.
- ↑ "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013.
- ↑ "Knicks Acquire Quincy Acy, Travis Outlaw". NBA.com. 6 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1990
- Nados no condado de Smith, Texas
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Phoenix Suns