Draco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Draco
Draco
Nome latino Draco
Abreviatura Dra
Xenitivo Draconis
Simboloxía O Dragón
Ascensión recta 15 h
Declinación +75°
Área 1083 graos cadrados

Rango 8º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante γ Dra (Etamin)

(magnitude ap. 2,23)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −15°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo

Draco ou Dragón[1] é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.

Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.

A constelación de Draco en Uranometria.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega coñecese a esta constelación grazas á undécima tarefa encargada a Hércules. Nela debía consegui-las manzás da árbore de Gaia no xardín das Hespérides, onde Hera tiña posto a Ladon, o dragón de cen cabezas, coma protector. Hera sentiu moito a perda do seu bravo gardián do xardín das Hespérides, polo que puso ó seu dragón no firmamento ó redor do polo norte. A constelación presenta unha das pernas de Hércules sobre a cabeza do dragón.

Noutra versión tratabase dun serpe que durante a xigantomaquia bateron os xigantes sobre Atenea. Esta lanzou a serpe ó ceo, onde quedou fixada.

Segundo outra versión, tratabase da forma de serpe que tomou Zeus para escapar de seu pai, Crono.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]