Mensa (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mensa
Mensa
Nome latino Mensa
Abreviatura Men
Xenitivo Mensae
Simboloxía A Meseta
Ascensión recta 4 h a 7,5 h
Declinación −71 a −85,5°
Área 153 graos cadrados

Rango 75º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Mensae

(magnitude ap. 5,09)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +18° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro

Mensa ou Mesa[1] é unha constelación austral, que foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Mons Mensae, o nome fai referencia especificamente ó monte Table Mountain (equivalente literal a Mons Mensae en latín) en Suráfrica, dende onde Lacaille fixo importantes observacións do ceo austral. A constelación non conten estrelas brillantes, así Alpha Mensae a súa estrela máis brillante é apenas visible cunha magnitude 5.09, facendo dela a constelación menos visible no firmamento, pero conten parte da Gran Nube de Magallanes (o resto atopase na constelación de Dorado).

A constelación forma unha cuña en forma de chave no ceo e estendese dende aproximadamente 4 h ata 7,5 h en ascensión recta, e de 71 a 85,5 graos de declinación. Á parte da constelación sur polar de Octans, é a máis austral das constelacións. Debido a isto, é esencialmente inobservable dende o Hemisferio norte. Ademais das xa mencionadas, outras constelacións veciñas son: Chamaeleon, Hydrus e Volans.

A primeira imaxe tomada polo Observatorio de raios X Chandra foi de PKS 0637-752, un quásar en Mensa cunha gran cantidade de gas visible tanto no espectro visible coma no de raios x.

Historia[editar | editar a fonte]

Dado que foi ideada no século XVII, e que se atopa no hemisferio sur, non foi visible para os pobos do Mediterráneo ou culturas antigas, polo tanto non hai mitoloxía asociada a esta constelación.

Estrelas[editar | editar a fonte]

Estrelas con designación de Bayer:
α Men 5,08; β Men 5,30; γ Men 5,18; δ Men 5,67; ε Men 5,54; ζ Men 5,61; θ Men 5,45; η Men 5,47; ι Men 6,04; κ Men 5,46; λ Men 6,54; μ Men 5,53; ν Men 5,78; ξ Men 5,84; π Men 5,65
Estrelas con designación de Flamsteed :
31 Men 6,18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.