Declinación (astronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A declinación ou latitude celeste é a coordenada da esfera celeste, equivalente á latitude sobre a Terra. Distancia angular dun astro ao ecuador celeste; mídese entre 0º e ±90º. É positiva se vai cara ao Polo Norte, e negativa na dirección do Polo Sur celeste. A declinación xunto coa ascensión recta son as dúas coordenadas por medio das cales se determina e coñece a posición dun astro no ceo. Unha vez obtida a declinación, o valor obtido será a declinación aparente e se se desexa coñecer a declinación real é preciso ter en conta as correccións debidas á paralaxe e aberración ánuas, á precesión e á nutación. Ademais, se o astro pertence ao Sistema Solar haberá que ter en consideración, o valor da paralaxe diúrna. Represéntase por Dec ó δ.