Estrela binaria
Aparencia
Chámase estrela binaria a un par de estrelas próximas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitatoria e xiran en torno ó centro de masas de ambas. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%) e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.
As binarias pódense clasificar, segundo o modo de detectalas, en:
- visuais, pódense ver separadas por medios ópticos,
- eclipsantes, se se observa unha variación no seu brillo debido a que se eclipsan cada certo tempo,
- espectroscópicas, nas que hai que percorrer ó estudo do espectro electromagnético da luz que emiten.
- astrométricas, detectadas grazas á astrometría, neste tipo de casos só é visible unha das compoñentes da binaria. A outra é detectada grazas ó "tirón" gravitatorio exercido pola súa compañeira invisible.