Libra (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libra
Libra
Nome latino Libra
Abreviatura Lib
Xenitivo Librae
Simboloxía A Balanza
Ascensión recta 15 h
Declinación −15°
Área 538 graos cadrados

Rango 29º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante Zubeneschamali (β Lib)

(magnitude ap. 2.6)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +65° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño

Libra ou Balanza[1] (símbolo Libra.svg, Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Representación medieval de Libra

Obxectos Notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Libra, a Balanza.

A constelación, que orixinalmente formaba parte das pinzas de Escorpio, é a máis nova do zodíaco e a única que non representa un ser vivo. Na mitoloxía grega, esta constelación figura coma a balanza sostida por Hera, deusa do matrimonio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]