Subxigante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Unha estrela subxigante é unha clase de estrela que é máis brillante que unha anana da secuencia principal, pero non tanto como unha xigante propiamente dita.

Características[editar | editar a fonte]

As estrelas subxigantes terminaron a fusión do hidróxeno nos seus núcleos. Nesta etapa, se os astros teñen unha masa solar de 1 MSol, o centro contráese, provocando que a súa temperatura aumente o suficiente como para trasladar a fase de fusión de hidróxeno a unha capa que rodea o núcleo. Por conseguinte, a estrela expándese, completando un paso máis cara á súa transformación nunha xigante vermella.

Ao comezo da fase de suxgigante (como é o caso de Procyon A), o diámetro e a luminosidade aumentan, pero a estrela en si arrefriarase un pouco ou cambiará de cor significativamente. As subxigantes que están máis próximas a converterse en xigantes terán diámetros máis grandes e temperaturas máis baixas que outras estrelas da secuencia principal de masa similar.

Na clasificación espectral de Yerkes, a súa luminosidade é de clase IV.

Estrelas subxigantes máis próximas ao sistema solar[editar | editar a fonte]

Nome Denominación de Bayer Tipo espectral Masa (soles) Distancia (anos luz) Notas
Procyon Alfa Canis Minoris F5 IV-V 1,42 11,4 Subxigante?
Altair Alfa Aquilae A7 IV-V 1,7 16,7 Subxigante?
Delta Pavonis G5-8 IV-V 1,17 19,9 Subxigante?
Beta Hydri G2 IV 1,1 24,4
Mu Herculis Aa G5 IV 1,1 27,4
Ra Delta Eridani K0 IVe 1,2 29,5
Rutilicus Aa Zeta Herculis F9-G2 IV 1,5 35,2
Zavijava A Beta Virginis F8-A5 IV-V 1,3-1,4 35,6 Subxigante?
11 Leonis Minoris G8 IV-V 0,86 36,5 Subxigante?
Mufrid A Eta Bootis G0 IV 1,6-1,7 37,0
Deneb Algedi A Delta Capricorni A5-7 IVm > 1 38,6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]