Hydrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hydrus
Hydrus
Nome latino Hydrus
Abreviatura Hyi
Xenitivo Hydri
Simboloxía A Serpe de mar
Ascensión recta 0h05m - 4h40m h
Declinación −58° a −82°°
Área 243 graos cadrados

Rango 61º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante beta Hyi

(magnitude ap. 2.82)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +8° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de decembro

Hydrus ou Hidra macho[1] é unha constelación austral. É unha das 12 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603.

Non debe confundirse con Hydra. A constelación de Hydra representa á Hidra de Lerna da mitoloxía grega, unha serpe-mostro de auga que lle podían medrar varias cabezas cando unha delas era cortada.

Estrelas[editar | editar a fonte]

Estrelas con nome propio:
α Hyi "Cabeza de Hydrus" 2,86
Estrelas con designación de Bayer:
β Hyi 2,82 – nearby; γ Hyi 3,26; δ Hyi 4,08; ε Hyi 4,12; Ζ Hyi 4,83; θ Hyi 5,51; η1 Hyi 6,77; η2 Hyi 4,68; ι Hyi 5,51; κ Hyi 5,99; λ Hyi 5,09; μ Hyi 5,27; Ν Hyi 4,76; π1 Hyi 5,57; π2 Hyi 5,67; σ Hyi 6,15; τ1 Hyi 6,33; τ2 Hyi 6,05

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Dado que foi creada no século XVII e dada a súa posición austral non foi visible para as culturas antigas, polo que non ten mitoloxía asociada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]