Serpens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serpens
Serpens
Nome latino Serpens
Abreviatura Ser
Xenitivo Serpentis
Simboloxía Serpens Caput: a cabeza da Serpe
Serpens Cauda:a cola da Serpe
Ascensión recta Serpens Caput: 16 h
Serpens Cauda: 18 h
Declinación Serpens Caput: +10°
Serpens Cauda: −5°
Área 637 graos cadrados

Rango 23º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante α Ser (Unukalhai)

(magnitude ap. 2,63)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Serpens Caput:

Serpens Cauda:

Visible en latitudes entre +80° e −80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo

Serpens (a serpe) é unha das 88 constelacións modernas e era unha das 48 listadas por Ptolomeo. Entre as modernas constelacións é a única dividida en dúas partes:

  • Serpens Caput, que representa a cabeza da serpe, situada ó oeste.
  • Serpens Cauda, que representa a cola, ó leste.

Entre estas dúas partes atopase a constelación de Ophiuchus, o portador da serpe. Dado que se considera unha única constelación, o ordenamento de acordo á designación de Bayer ten en conta ambas partes. Só unha estrela de Serpens é máis brillante ca magnitude 3, polo que a constelación non é fácil de recoñecer.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

As estrelas incluidas na cabeza son: α, β, γ, δ, ε, ι, κ, λ, μ, π, ρ, σ, τ, χ e ω Serpentis. As estrelas incluidas na cola son: ζ, η, θ, ν, ξ, e ο Serpentis.

Obxectos notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

Parte da Vía Láctea atravesa a cola, tal coma ilustran as rexións sombreadas en azul do mapa estelar.

O Cúmulo Estelar Sur de Serpens foi descuberto polo Spitzer Space Telescope da Nasa na porción máis ó sur da nube de Serpens. O descubrimento foi posible gracias ás capacidades de observación no infravermello por parte deste telescopio, xa que as lonxitudes de onda visibles das estrelas están completamente escurecidas polo po interestelar da nube de Serpens.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Serpens é a serpe que ten agarrada Ofiuco, o portador da serpe, e loxicamente está moi asociada con el. Orixinariamente, Serpens e Ofiuco eran consideradas como unha única constelación, a partir do cal xurdiu un mito asociado coa fundación da medicina. Identificase na mitoloxía grega coa serpe que lle revela a Asclepio os segredos da medicina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serpens
As 88 constelacións modernas
Andrómeda · Antlia · Apus · Aquarius · Aquila · Ara · Aries · Auriga · Boötes · Caelum · Camelopardalis · Cáncer · Canes Venatici · Canis Major · Canis Minor · Capricornus · Carina · Cassiopeia · Centaurus · Cepheus · Cetus · Chamaeleon · Circinus · Columba · Coma Berenices · Corona Australis · Corona Borealis · Corvus · Crater · Crux · Cygnus · Delphinus · Dorado · Draco · Equuleus · Eridanus · Fornax · Gemini · Grus · Hércules · Horologium · Hydra · Hydrus · Indus · Lacerta · Leo Minor · Leo · Lepus · Libra · Lupus · Lynx · Lyra · Mensa · Microscopium · Monoceros · Musca · Norma · Octans · Ophiuchus · Orión · Pavo · Pegasus · Perseus · Phoenix · Pictor · Pisces · Piscis Austrinus · Puppis · Pyxis · Reticulum · Sagitta · Sagittarius · Scorpius · Sculptor · Scutum · Serpens · Sextans · Taurus · Telescopium · Triangulum Australe · Triangulum · Tucana · Ursa Major · Ursa Minor · Vela · Virgo · Volans · Vulpecula