Corona Australis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corona Australis
Corona Australis
Nome latino Corona Austral
Abreviatura CrA
Xenitivo Coronae Australis /
Coronae Austrinae
Simboloxía A Coroa Austral
Ascensión recta 19 h
Declinación −40°
Área 128 graos cadrados

Rango 80º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α CrA

(magnitude ap. 4.1)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +40° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto

Corona Australis ou Coroa Austral[1] é unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo no século II, e tamén unha das 88 constelacións modernas.

É unha constelación pequena característica dos ceos do sur que está practicamente integrada a Saxitario, bordeándoa polo norte e oeste. No leste e sur ten as constelacións de Scorpius e Telescopium respectivamente. Debaixo do arqueiro vese un pequeno semicírculo de estrelas de magnitude 4 e 5, a Coroa Austral.

Estrelas principais[editar | editar a fonte]

Obxectos Notables do espazo profundo[editar | editar a fonte]

  • NGC 6541. Cúmulo globular a 15.000 anos luz do Sol que, visto cun telescopio pequeno, presenta un pequeno disco nebuloso. AR: 01h 44m 06.0s Dec: +61°53'00" (Época 2000).
  • NGC 6729. Parte dunha rexión nebular que contén estrelas variables como R CrA e TY CrA. AR: 19h 01m 54.0s Dec: -36°57'00" (Época 2000).

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Representa a coroa de loureiro que pertenceu a Quirón o centauro e algunhas veces é chamada Corona Sagittarii.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Corona Australis.