Pomba (constelación)
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pomba (homónimos), Columba (homónimos).
| Pomba | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Características físicas | |||||||
| Superficie | 270 °² | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
Columba ou Pomba,[1] é unha pequena constelación xusto ó sur de Canis Major e Lepus. Foi sacada da constelación Canis Major por Augustin Royer, en 1679.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]A constelación chama moi pouco a atención pola súa baixa luminosidade, a estrela máis brillante é α Columbae que ten unha magnitude de 2.65m e é do tipo espectral B7. α Columbae é chamada Phact, que vén do árabe Al-Fakhita (o pombo). A outra estrela con nome propio é Beta, β, Columbae, que ten o nome de Wazn ou Wezn, ven do árabe é significa peso, ten unha magnitude aparente de 3,12 e é do tipo espectral K2.
A constelación contén unha estrela fuxitiva, μ Columbae, a cal probablemente foi exectada dende o sistema ι Orionis.
- Estrelas con designación de Bayer:
- Estrelas con designación de Flamsteed:
- 72 Col 5,65
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]NGC 2090. AR: 05h 47m 00.0s Dec: -34°14'00" (Época 2000). Galaxia espiral a 1º ó leste de alfa Col.
NGC 1792. AR: 05h 05m 12.0s Dec: -37°59'00" (Época 2000). Galaxia Redonda. Nos límites de Columba e Caelum, 3º ó sueste de gama Caeli
NGC 1851. AR: 05h 14m 06.0s Dec: -40°03'00" (Época 2000). Cúmulo globular a 8º ó suroeste de alpha Col.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Dado que foi creada no século XVII, pola separación dunha constelación xa existente, non ten mitoloxía relacionada, de forma independente.
Pode referirse a pomba que os Argonautas envían para determinar se poden pasar polo estreito do mar negro. Tamén, é a pomba que Nóe utilizou na súa arca.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.