Adelaide United
Adelaide United | |||
---|---|---|---|
Nome | Adelaide United Football Club | ||
Alcume(s) | The Reds, United | ||
Fundación | 2003 (20 anos) | ||
Estadio | Hindmarsh Adelaida, Australia | ||
Capacidade | 17 000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | A-League | ||
2018-19 | 4º (A-League) | ||
Na rede | |||
http://www.adelaideunited.com.au | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| |||
O Adelaide United é un club de fútbol Australiano da cidade de Adelaida, no estado de Australia Meridional. Fundouse en 2003 e xoga na A-League.
Adelaide e un dos tres equipos procedentes da National Soccer League que continúa en activo.
Historia[editar | editar a fonte]
Adelaide United naceu en 2003, despois de que o equipo tradicional de cidade, o Adelaide City, se retirara da National Soccer League. En resposta creouse unha nova franquía como substituta, que terminou ese ano en terceira posición e como semifinalista da fase final. Máis tarde, ao desaparecer a NSL, Adelaide United foi elixido como un dos equipos procedentes do campionato anterior que contaría con praza na nova liga nacional.
O obxectivo do club era atraer o maior número de xogadores profesionais do sur do país, con John Kosmina como técnico e Shengqing Qu como xogador franquía, ademais de contratar a Romario á metade da tempada. Na tempada do debut conseguiron terminar como campións da liga regular, pero acabaron caendo na semifinal da fase final. Ao ano seguinte, o club chegaría á final do campionato, cando acabou caendo ante o Newcastle Jets.
Para 2007-2008 chegou un novo técnico, Aurelio Vidmar. O Adelaide reforzouse con Paul Agostino como novo xogador franquía e contratou a Cássio, ex xogador do Flamengo. Ese ano, o equipo non pasou da sexta praza, polo que non logrou a súa clasificación para o playoff por primeira vez na súa historia. Por iso, reforzouse coa fichaxe de varios xogadores doutros clubs australianos e estranxeiros, ademais de traspasar estrelas doutras tempadas como Bruce Djite ou Nathan Burns. A aposta saíulle ben ao United, que rematou subcampión da liga regular e chegou á final do campionato, na que caeu ante o Melbourne Victory. Porén, na seguinte tempada finalizou como colista.
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: camiseta vermella con detalles amarelos, pantalón vermello e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: camiseta negra con detalles vermellos, pantalón negro e medias negras.
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro de xogadores da tempada 2011/2012[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adelaide United ![]() |