Saltar ao contido

Sydney Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sydney FC
NomeSydney Football Club
Alcume(s)Sky Blues, Bling FC
Fundación2004 (20 anos)
EstadioSydney Football Stadium,
Sydney, Australia
Capacidade45.000
PresidenteAustralia Scott Barlow
AdestradorChecoslovaquia Vítězslav Lavička
LigaA-League
2018-19 (A-League)
Na rede
http://www.sydneyfc.com
Facebook: SydneyFootballClub Twitter: SydneyFC Instagram: sydneyfootballclub Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Sydney FC é un equipo de fútbol de Australia, situado na cidade de Sydney. Xoga na A-League, máxima competición do país, desde a súa creación.

Cando a Federación australiana (FFA) decide eliminar a National Soccer League para crear un novo campionato coñecido como A-League, a Federación de Nova Gales do Sur mostra a súa intención de optar a unha das prazas para a liga, con localía en Sydney. A candidatura presentouse o 19 de xullo de 2004, e cando se uniu á candidatura do empresario Nick Politis (Sydney Blues) debido a que a organización só aceptaría un club por cidade, pasou a chamarse Sydney FC. A FFA aceptou a candidatura o 1 de novembro; o primeiro presidente da institución sería Walter Bugno, mentres que Pierre Littbarski foi designado como adestrador.

Sydney foi un dos clubs que máis atraeu a internacionais australianos, contratando a xente como Clint Bolton, Steve Corica e David Zdrilic, e como primeiro xogador franquía contratou ao internacional trinitense Dwight Yorke. No torneo de selección de representante para a Liga de Campións da OFC de 2005 Sydney FC proclamouse vencedor, e no torneo internacional conseguiu facerse co título de campións tras vencer ao As Magenta de Nova Caledonia. Iso valeulles unha praza na Copa Mundial de Clubs da FIFA 2005, onde caeron ante o Saprissa en cuartos de final.

Na súa tempada inicial Sydney FC era o favorito para o título de liga, e no partido inaugural lograron atraer a máis de 35.000 afeccionados. Os resultados durante a fase de liga foron irregulares, pero os Blues conseguiron facerse coa clasificación. Xa no playoff, Sydney chegou á final de campionato e fíxose coa primeira A-League ao vencer aos Central Coast Mariners por 1-0.

Para a seguinte campaña, Littbarski abandonou e foi substituído por Terry Butcher. Ademais, o club reforzouse coas contratacións de Ruben Zadkovich e Alex Brosque. Pero o club notou as baixas do seu anterior adestrador e de Yorke, e a pesar de chegar á fase final caeu nas semifinais polo título. En 2007 mantivo o mesmo bloque do ano anterior, pero contratou a Juninho Paulista como xogador franquía así como a varios internacionais por Australia. A actuación do equipo ao comezo de campaña é mediocre, polo que se decide contratar a metade de campaña a John Kosmina como técnico. Sydney volve clasificarse para a fase final, sen lograr o título. En 2008-09, e a pesar de contratacións como John Aloisi, Mark Bridge ou Simon Colosimo, os de Sídney pérdense por primeira vez a fase final ao quedar quintos.

En 2009 anunciouse a venda dun importante paquete accionarial ao empresario ruso David Traktovenko, antigo propietario do FC Zenit San Petersburgo. Na tempada 2009/10 o equipo queda primeiro na fase regular e proclámase campión da A-League, tras vencer a Melbourne Victory por 1:1 nos penais.

  • Uniforme titular: camiseta azul aguamarina, pantalón azul mariño, medias azul aguamarina.
  • Uniforme alternativo: camiseta branca, pantalón azul aguamarina, medias brancas.
Artigo principal: Sydney Football Stadium.

Sydney FC xoga os seus partidos como local no Sydney Football Stadium, coñecido ata 2007 como Aussie Stadium e localizado na cidade de Sydney. Foi construído en 1988 como o primeiro estadio rectangular para rugby a 13, e tamén se utiliza para albergar partidos de rugby union. Conta con capacidade para 45.000 espectadores.

O campo compárteo con Sydney Roosters, da National Rugby League; os New South Wales Waratahs, da Super 14; e ocasionalmente Wests Tigers, da NRL.

Xogadores

[editar | editar a fonte]
John Aloisi presentado co equipamento de Sydney FC.

Cadro 2012

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
1 POR Australia Liam Reddy
2 DEF Australia Sebastian Ryall
3 DEF Australia Jamie Coyne
4 DEF Países Baixos Pascal Bosschaart
5 DEF Australia Michael Beauchamp
6 MED Hirofumi Moriyasu
7 MED Australia Brett Emerton
9 DEL Bruno Cazarine
10 MED Australia Nick Carle
11 DEL Australia Dimitri Petratos
Posto País Xogador
12 DEF Australia Shannon Cole
15 MED Terry McFlynn
16 MED Australia Joel Chianese
17 MED Australia Terry Antonis
19 DEL Australia Mark Bridge
20 POR Australia Ivan Necevski
21 DEF Australia Scott Jamieson
22 DEF Australia Nathan Sherlock
23 MED Australia Rhyan Grant
24 DEL Australia Mitchell Mallia

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]