Jeff Green
![]() | |
Denver Nuggets – No. 8 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 28 de agosto de 1986 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Northwestern HS (Hyattsville, Maryland) |
Universidade | Georgetown (2004–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
Seattle SuperSonics / Oklahoma City Thunder (2007–2011) Boston Celtics (2011-2015) Memphis Grizzlies (2015–2016) Los Angeles Clippers (2016) Orlando Magic (2016–2017) Cleveland Cavaliers (2017–2018) Washington Wizards (2018–2019) Utah Jazz (2019) Houston Rockets (2020) Brooklyn Nets (2020–2021) Denver Nuggets (2021–presente) | |
Premios e galardóns | |
1º Equipo de Rookies NBA (2008) |
Jeffrey Lynn Green, nado o 28 de agosto de 1986 en Cheverly, Maryland, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Green foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics. Máis tarde foi traspasado aos Seattle Supersonics xunto a Wally Szczerbiak, Delonte West e unha futura elección de segunda rolda, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.
Green foi elixido no primeiro equipo de Rookies da NBA de 2008 xunto co seu compañeiro Kevin Durant.[1] Green ademais xogou no partido de Rookies contra Sophomores do All-Star Weekend da NBA de 2009, onde anotou 13 puntos e fixo 2 roubos de balón na vitoria dos Sophomores.
O 24 de febreiro de 2011, Green foi traspasado xunto con Nenad Krstić e a elección de primeira rolda do Draft de 2012 dos Los Angeles Clippers aos Celtics, a cambio de Kendrick Perkins e Nate Robinson. O 22 de agosto de 2012, Green asinou un novo contrato cos Celtics.[2]
O 12 de xaneiro de 2015, Green foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre os Celtics, os Grizzlies e os New Orleans Pelicans.[3]
O 18 de febreiro de 2016 foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio de Lance Stephenson e unha futura elección protexida da primeira rolda do Draft.[4]
O 7 de xullo de 2016, Green asinou cos Orlando Magic.[5]
O 11 de xullo de 2017, asinou cos Cleveland Cavaliers.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.nba.com/news/all_rookie_080513.html Arquivado 31 de xullo de 2008 en Wayback Machine. | 2008 All-Rookie Team
- ↑ "Celtics Sign Jeff Green". 22 de agosto de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2012.
- ↑ "Memphis Grizzlies acquire Jeff Green and Russ Smith in three-team trade with Boston Celtics and New Orleans Pelicans". NBA.com. 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
- ↑ "LA Clippers Acquire Jeff Green From Memphis". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
- ↑ Denton, John (7 de xullo de 2016). "Orlando Magic Sign Jeff Green". NBA.com. Consultado o 7 de xullo de 2016.
- ↑ "Cavaliers Sign Jeff Green". NBA.com. 11 de xullo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1986
- Nados no condado de Prince George, Maryland
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Alas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Brooklyn Nets