Trey Burke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trey Burke
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 12 de novembro de 1992 (31 anos)
Columbus, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Northland (Columbus, Ohio)
Universidade Michigan (2011–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Utah Jazz (2013–2016)
Washington Wizards (2016–2017)
Westchester Knicks (2017–2018)
New York Knicks (2018–2019)
Dallas Mavericks (2019)
Philadelphia 76ers (2019–2020)
Dallas Mavericks (2020–2022)
Stockton Kings (2022–2023)
Capitanes de Ciudad de México (2023)

Alfonso Clark "Trey" Burke III, nado o 12 de novembro de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Burke foi elixido na 9ª posición do Draft de 2013 polos Minnesota Timberwolves, e traspasado pouco despois a cambio da 14º e da 21º elección do Draft, que foron usadas para seleccionar a Shabazz Muhammad e Gorgui Dieng, respectivamente.[1] O 6 de xullo de 2013, firmou cos Jazz o seu contrato coma rookie.

Na súa primeira tempada na NBA, foi elixido tres veces mellor rookie do mes da Conferencia Oeste. Na votación final ó Rookie do Ano, rematou na terceira posición por detrás de Michael Carter-Williams e Victor Oladipo. Ademais, foi elixido no mellor equipo de rookies ó remate da tempada. Todo isto foi o resultado de acadar 12.8 puntos, 5.7 asistencias e 3.0 rebotes por encontro, en 70 partidos disputados (68 deles de titular).

O 31 de xaneiro de 2019, Burke foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[2]

O 30 de xullo de 2019, Burke asinou cos Philadelphia 76ers.[3] O 6 de febreiro de 2020, foi cortado polos Sixers.[4]

O 1 de xullo de 2020, tras a suspensión da tempada da NBA, Burke asinou cos Dallas Mavericks para ocupar o lugar do mancado Jalen Brunson.[5] No seu primeiro encontro de volta nos Mavericks, Burke anotou 31 puntos na derrota por 153–149 contra os Houston Rockets.[6] O 1 de decembro de 2020, asinou de novo cos Mavericks.[7]

O 24 de xuño de 2022, Burke foi traspasado xunto a Boban Marjanović, Marquese Chriss, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Report: Wolves trade Burke to Jazz for 2 picks". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  2. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  3. "Team Signs Burke". National Basketball Association. 30 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2019. 
  4. "Team Acquires Burks, Robinson III". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. In a corresponding move, the team has waived Trey Burke... 
  5. "Mavericks sign Trey Burke as substitute player". National Basketball Association. 1 de xullo de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  6. "Rockets vs. Mavericks – Game Summary – July 31, 2020 – ESPN". ESPN. Consultado o 10 de agosto de 2020. 
  7. "Mavericks sign eight, including Barea, Iwundu, Burke". mavs.com. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  8. "Mavericks' trade for center Christian Wood is official". Dallas Mavericks. Consultado o 24 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]