Jahlil Okafor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jahlil Okafor
Jahlil Okafor 2015 Summer League.jpg
Axente libre
Pivote
Información persoal
Nacemento 15 de decembro de 1995 (25 anos)
Flag of Arkansas.svg Fort Smith, Arcansas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Instituto Whitney Young (Chicago)
Universidade Duke (2014–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 3

Por Philadelphia 76ers

Carreira desde 2015
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2015–2017)
Brooklyn Nets (2017–2018)
New Orleans Pelicans (2018–2020)
Detroit Pistons (2020–2021)

Jahlil Okafor, nado o 15 de decembro de 1995 en Chicago, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como pivote. Formado na Universidade de Duke, foi a terceira elección do Draft da NBA de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en Chicago, Illinois, Jahlil Okafor é fillo de Chukwudi Okafor, de ascendencia nixeriana, e Dacresha Lanett Benton. Na súa mocidade, Okafor foi constantemente trasladado entre a casa da súa nai en Moffett, Oklahoma e a casa do seu pai en Chicago. Aos nove anos a súa nai enfermou de bronquite, causando que un dos seus pulmóns sufrise un colapso, falecendo dúas semanas máis tarde. Okafor foi entón morar co seu pai no South Side de Chicago antes de trasladarse a Rosemont, onde asistiu á "Rosemont Elementary". O axuste foi difícil porque era tímido e tan alto que os demais estudantes pensaron que fora posto na aula por ter fracasado. En novembro de 2008, durante o sétimo grao igualou a estatura do seu pai de 1,96 metros. Máis tarde, a familia volveu ao South Side para que puidese asistir ao instituto "Whitney Young".

En oitavo grao con 2,01 metros de estatura, Okafor foi recrutado polo equipo universitario de baloncesto da Universidade de DePaul en violación das regras de recrutamento da National Collegiate Athletic Association (NCAA). A violación baseábase nos comentarios públicos do director de deportes de DePaul, Jean Lenti Ponsetto, sobre unha oferta. Tales comentarios non foron permitidos pola NCAA.[1] Ese ano, venceu ao seu pai nun partido de baloncesto "un contra un" por primeira e última vez.

Profesional[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2015, Okafor foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Philadelphia 76ers.[2] O 7 de xullo de 2015, asinou un contrato de dous anos cos Sixers.[3]

O 7 de decembro de 2017, Okafor foi traspasado xunto a Nik Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Brooklyn Nets, a cambio de Trevor Booker.[4]

O 9 de agosto de 2018, Okafor asinou cos New Orleans Pelicans.[5] O 20 de xuño de 2019, os Pelicans decidiron activar a opción de equipo sobre Okafor e quedarse co xogador unha tempada máis.[6]

O 1 de decembro de 2020, Okafor asinou cos Detroit Pistons.[7]

O 4 de setembro de 2021, Okafor foi traspasado xunto a Sekou Doumbouya ós Brooklyn Nets a cambio de DeAndre Jordan.[8] O 9 de setembro, Okafor foi cortado polos Nets.[9] O 22 de setembro de 2021, Okafor asinou cos Atlanta Hawks,[10] pero foi cortado o 11 de outubro de 2021.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DePaul offers eighth-grader a scholly, commits violation while doing so". Yahoo.com (en inglés). 30 de xuño de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  2. "Philadelphia 76ers Select Jahlil Okafor, Richaun Holmes, Arturas Gudaitis, J.P. Tokoto, And Luka Mitrovic In The 2015 NBA Draft". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "Sixers Sign Jahlil Okafor". NBA.com. 7 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2015. 
  4. "Brooklyn Nets Acquire Jahlil Okafor, Nik Stauskas and Second Round Pick From Philadelphia". NBA.com. 7 de decembro de 2017. Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  5. "Pelicans sign Jahlil Okafor". NBA.com. 9 de agosto de 2018. Consultado o 9 de agosto de 2018. 
  6. Andrews, Malika (2019-06-20). "Pelicans pick up Okafor's '19-20 team option". ESPN (en inglés). Consultado o 2020-03-30. 
  7. "Detroit Pistons Sign Free Agents Mason Plumlee, Jahlil Okafor, Josh Jackson and Deividas Sirvydis". NBA.com. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  8. "Brooklyn Nets Complete Trade With Detroit Pistons". NBA.com. 4 de setembro de 2021. Consultado o 5 de setembro de 2021. 
  9. "Brooklyn Nets Waive Jahlil Okafor". NBA.com. 9 de setembro de 2021. Consultado o 9 de setembro de 2021. 
  10. "Atlanta Hawks Sign Johnny Hamilton, A.J. Lawson, Timothe Luwawu-Cabarrot and Jahlil Okafor". NBA.com. 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  11. Benson, Pat (11 de outubro de 2021). "Atlanta Hawks Waive Jahlil Okafor". Sports Illustrated. Consultado o 12 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]