Macizo Galaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macizo Galaico
{{{PAGENAME}}}
Vista da Cabeza de Manzaneda en inverno.
Altitude 2047 m
Latitude 42º32''' N
Lonxitude 08º06''' W
Localización Galiza e Castela e León

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 047 metros. Outro importante bico é a Cabeza de Manzaneda cuns 1 781 metros.

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

Vexetación[editar | editar a fonte]

O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.

A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega.

A Serra dos Ancares foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006.

Conxuntos montañosos[editar | editar a fonte]

Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos:

  • As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2 047 m). Estas cadeas montañosas posúen cicatrices procedentes do período glacial, que son evidentes na Serra do Eixo. Os ríos Tera, Cabreira e Bibei discorren a través de vales glaciais.
  • A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán.

Lista de serras[editar | editar a fonte]

As montañas Paraño na provincia de Ourense vistas dende a N-541.

Principais serras e calidades[editar | editar a fonte]

Pregamento en Campodola-Leixazos, Serra do Courel, provincia de Lugo.  
Pico Sacro preto de Boqueixón.  
Cumios preto de Verín.  
Vista da Serra do Faro.  

Vexa tamén[editar | editar a fonte]