Copa do Rei de Rugby 2009-2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Rei
2008-2009 << 2009-2010 >> 2010-2011
OrganizadorF.E.R.
Edición77ª
Equipos8
CampiónCastela e León Valladolid RAC
Finalista CR La Vila

Na tempada 2009-2010 disputouse a 77ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os oito equipos que ocuparon os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga.

Na final, xogada no Estadio de La Albuera de Segovia o 16 de maio de 2010, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid acadou o seu segundo título copeiro derrotando por 33 a 17 ó CR La Vila de La Vila Joiosa, equipo que disputaba a primeira final da súa historia.

Formato[editar | editar a fonte]

O formato da competición contou con tres roldas eliminatorias:

  • Cuartos de final: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro entre os oito mellores equipos da liga na primeira volta.
  • Semifinais: Encontro único. Emparellamentos por sorteo puro.
  • Final: Encontro único nun campo elixido pola Federación Española de Rugby antes do comezo do torneo.

Participantes[editar | editar a fonte]

Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaron o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[1]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- Bonus
1º. Castela e León El Salvador 36 9 8 0 1 231 133 4
2º. La Vila 29 9 6 0 3 291 162 5
3º. Comunidade de Madrid CRC 26 9 5 0 4 229 182 6
4º. Gernika 25 9 5 0 4 240 210 5
5º. Castela e León VRAC 24 9 5 0 4 213 187 4
6º. Andalucía Ciencias 21 9 4 0 5 183 176 5
7º. Ordizia 20 9 5 0 4 160 201 0
8º. Cataluña Santboiana 20 9 4 0 5 142 217 4
9º. Bera Bera 9 9 2 0 7 170 198 1
10º. Les Abelles 7 9 1 0 8 111 304 3

Torneo[editar | editar a fonte]

  • Cuartos de final (28/29 de novembro de 2009) [2]
    • Ordizia 22-34 El Salvador
    • VRAC 24-12 CRC
    • La Vila 23-19 Gernika
    • Ciencias 22-9 Santboiana
  • Semifinais (8/9 de maio de 2010)[3][4]
    • El Salvador 22-24 VRAC
    • La Vila 25-12 Ciencias
  • Final (16 de maio de 2010) [5]
    • VRAC 33-17 La Vila
Cadro da competición
  Cuartos de Final Semifinais Final
                           
   Ordizia 22  
Castela e León  El Salvador 34  
  Castela e León  El Salvador 22  
  Castela e León  VRAC 24  
Castela e León  VRAC 24
  Comunidade de Madrid  CRC 12  
    Castela e León  VRAC 33
   La Vila 17
   La Vila 23  
 Gernika 19  
   La Vila 25
  Andalucía  Ciencias 12  
Andalucía  Ciencias 22
  Cataluña  Santboiana 9  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]