Bufo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bufos
Northern Spotted Owl.USFWS.jpg

Bufo manchado norteño

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familias
  Strigidae
 Tytonidae

Un bufo é calquera das máis de 200 especies de aves de rapina nocturna solitaria da orde dos Strigiformes. Os bufos xeralmente cazan pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na caza de peixes. Están distribuídos por todos os continentes, excepto na Antártida e a maior parte de Groenlandia, e nalgunhas illas remotas.

Os bufos teñen grandes ollos e orellas que miran para adiante, un bico aquilino e un chamativo círculo de plumas ao redor dos seus ollos chamado disco facial. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que xirar toda a súa cabeza para ver cara a outra dirección.

Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son producido por roedores cara aos seus oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e desta forma oír os ruídos ou os zunidos que se producen no chan.

A pesar da súa aparencia, os bufos están máis directamente relacionados coas aves da orde dos Caprimulxiformes que cos falcóns e outros predadores diúrnos (Falconiformes).

Os ovos de bufo son brancos e case esféricos. Os seus niños constrúenos rudimentariamente e poden estar situados en árbores, en tobos, en alpendres e covas.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Eagle.owl.arp.750pix.jpg

Os bufos asóciánse tradicionalmente coa sabedoría e a deusa Atenas, aínda que os corvos e outras aves comúns son máis intelixentes.

Hades raptou a Perséfone e levouna ó inframundo para facela a súa esposa. A nai dela, Deméter esixiulle a Zeus que o obrigara a devolverlla e Hades tivo que aceptar, pero Ascálafo, fillo de Aqueronte, un dos ríos do Hades, declarou tela visto comer varios grans de granada e, como ninguén que probara a comida dos mortos podía volver ó mundo dos vivos, Perséfone tivo que quedar no Hades. Ó final pactouse que podía regrasar ó Olimpo dúas partes do ano mentres que a terceira parte o pasara no Hades. Pero Deméter, en castigo á súa delación, converteu a Ascáfalo en bufo [1]. Para Ovidio, foi a mesma Perséfone quen o transformou en bufo mollándoo coa auga do río Flegetonte[2].

Os romanos considerábannos aves funerarias debido ás súas actividades nocturnas e por teren os seus niños en lugares pouco accesíbeis, polo que ver un bufo polo día considerábase de mala sorte.

Na cultura xaponesa os bufos son símbolos da morte e ver un tamén é agoiro de mala sorte. O mesmo ocorre na cultura romanesa, e escoitar o son producido polos bufos é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é parecido a un laído.

  1. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, II, 5, 12.
  2. Ovidio: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, V, 543-550.