Martín Códax (grupo de música antiga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grupo Martín Códax»)
Ilustración das Cantigas de Santa María, algunhas das cales interpretan o grupo Martín Códax

Martín Códax é un grupo de música antiga, creado en 1993. O seu repertorio abrangue desde a Idade Media até o Renacemento, centrándose nos séculos XII, XIII e XIV.

Historia[editar | editar a fonte]

Participando en festivais, concertos e feiras medievais de diversos lugares, entre eles o Auditorio Nacional de Madrid en novembro de 2002, e o Instituto Cervantes de Roma.

Colabora con editoriais galegas na difusión da literatura medieval, destacando a súa participación na edición do libro Martín Códax publicado pola Editorial Galaxia e O viño da Vida pola Edicións Xerais. A súa discografía recolle as manifestacións musicais máis relevantes da Idade Media na Península Ibérica: códices como o Calixtino da catedral de Santiago de Compostela ou o das Huelgas de Burgos, romances de peregrinación, Cantigas de Santa María do rei Afonso X o Sabio, cantigas de amigo do xograr Martín Codax ou cantigas de escarnio de xograis e trobadores do século XIII.

Outra miniatura das Cantigas de Santa María.

O grupo Martín Códax conta coa colaboración da empresa galega Bodegas Martín Códax de Cambados, comprometida, xunto co grupo, na difusión da poesía medieval galaico-portuguesa. A Radio Galega realizou en decembro do 2001 un programa especial adicado ao grupo Martín Códax emitido en directo dende as Bodegas.

É salientábel o seu disco Por que trobar é cousa en que iaz..., onde se recollen catro composicións do Códice Calixtino, seis do Códice de las Huelgas de Burgos, as sete cantigas de amigo do xogral Martín Codax, e oito cantigas de Cantigas de Santa María. O disco foi gravado na igrexa de Santa María do mosteiro de Aciveiro nalgunhas pezas, e outras nos estudios da Radio Galega.

No verán do 2000 colaborou con Carlos Núñez para recrear música medieval con instrumentos do Pórtico da Gloria en dous concertos ofrecidos na Praza de María Pita da Coruña e no Auditorio de Castrelos en Vigo. O 25 de xullo do 2001 foi convidado pola TVG para interpretar un programa de música medieval no marco da entrega dos “Premios Castelao”.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Instrumentistas:
Miguel A. López Fariña (fídulas, arpas e organistro)
Roberto Sala López (chirimía, frauta e percusión)
Francisco Javier González-Abraldes Iglesias (baldosa e cítara)
Roberto Santamarina Fernández (fídulas)
Philippe Copin (zanfonas)
Pedro Fraile Lucas (corneto)
Carlos Castro Roig (percusións, salterio e dulcema)
Andrés Díaz Pazos (frautas, chirimía e laúde)
  • Voces
Fernando Olbés Durán (tenor)
Ana Sánchez Barreiro (soprano)
Paula Corujo Ferro (sopano)
Ana Gago Ageitos (narradora)

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Nas súas interpretacións utilizan reproducións de instrumentos medievais (fídulas, organistro, arpas, guitarra mourisca, chirimía, derbuka...), construídos seguindo os modelos que aparecen nas principais fontes iconográficas: Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, miniaturas das Cantigas de Santa María, así como instrumentos tradicionais:

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]