Conversa usuario:Xoán Carlos Fraga/Arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desde 19 de setembro de 2007 até 9 de maio de 2010

Correccións con bot[editar a fonte]

  • Coloco aqui as correccións que me indicache. Irei riscando as que remate para que lles botes unha ollada. -Xosé e o seu bot-
pao> pau, triple > triplo ou tripla,
  • batir > bater, convertir > converter, debatir > debater, pertenecer > pertencer, temblar > tremer, garantizar > garantir, insertar > inserir, poseer > posuír, reflexar > reflectir, toser > tusir, amortiguar > amortecer, amortiguador > amortecedor, interrumpir > interromper.. Pode que fiquen algunhas formas conxugadas ou participios e xerundios. Farei-no logo. amortecer só apareceu unha vez, toser nengunha. Dá-lle sen medo a corrixir oracións enteiras, que vexo que fai falta. --Xosé (✉) 20:15, 21 setembro 2007 (UTC)
    • Feitos os participios e os xerundios. --Xosé (✉) 13:23, 22 setembro 2007 (UTC)
  • De momento non sei programar para que vaian oracións enteiras! Ao que me refería é que, cando paso o bot só podo modificar as palabras para as que o programei, pero vexo o contexto e ás veces alporízome polo que leo: pronomes átonos mal colocados hainos a eito, o anacoluto parece un estilo oficial,... Quero dicir que, cando corrixas unha páxina ti que non te limites a unha palabra, senón que te atrevas a modificar máis o texto - a expresión, vaia. --Xosé (✉) 11:43, 22 setembro 2007 (UTC)
  • abandoar > abandonar, abandoa > abandona, a veces > ás veces, urbán > urbano, humán > humano, mezcla > mestura, mezclar > mesturar, álbumes > álbums, linea > liña, cumplir > cumprir, vai a ser > vai ser, vai a estar > vai estar, vai a haber > vai haber, búsqueda > busca, desarrollar e desenrolar > desenvolver (95% das veces), desenrolar (5%, + ou -), ordear > ordenar, ordea > ordena, otorgar > outorgar.. Apareceron palabras curiosas, como intermesturadas e entremesturados. Desenrolar co significado que estimas 5% non apareceu nengunha vez, a non ser nunha mención sobre desenvolver a ovella Dolly... (é broma). Tentei operar sobre variantes pero ainda poden restar algunhas, como abandoou, desenrolou, outorgue cumpren, etc. A ver se podo limpar algo máis. --Xosé (✉) 20:16, 23 setembro 2007 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

  • Olá, Xoán! Obrigado pela mensagem. Voltarei a escrever sobre o Brasil e a ampliar os artigos existentes. Um grande abraço, Joao Xavier 11:22, 20 setembro 2007 (UTC)

Ola,Xoan Carlos.Eu son Emilio o que escribíu o artigo de Xose Quintas Canella.Grazas polas observacións,pero non acabo de coller a liña da Wikipedia.Xa intentéi rexistrarme en diversas ocasions,pero sempre me da problemas coa contrasiñal,a cambio,e volta a dicir que e incorrecta.Unha aperta,Emilio Arias.

Thankyou very much[editar a fonte]

THANKYOU SO MUCH Xoán Carlos Fraga for your Excellent Translation help!
Your help is very Gratefully Appreciated.
May you be Blessed!
Yours Sincerely, From --Jose77 21:54, 23 setembro 2007 (UTC)


Ola, como vexo que estas a pôr algunhas imaxes nos artigos, preguntome se se che ocorre algunha relacionada cos números (eu non teño imaxinacion dabondo), en concreto co número catro. Saudiños--Quatrinauta 13:35, 23 setembro 2007 (UTC) A imaxe paréceme moi ben, pois non é a típica. Engadin tamén a da discusión do artigo que propuña Lansbricae. Grazas&saudos --Quatrinauta 18:42, 23 setembro 2007 (UTC)

Falcón peregrino[editar a fonte]

Agradecido polas felicitacións. En todo caso non é máis que un traballo, anoxante as veces, de traducción e refundición de artigos doutras wikipedias, basicamente a alemana, que no apartado das aves é moi completa. Polo de agora prefiro limitarme a ir sobre seguro, porque non teño moi claro o tema dos dereitos de autor. Refixen a redacción e a ortografía do apartado de identificación sonora do artigo sobre o falcón peregrino'. Espero que será mellor de entender. De calquera xeito as túas suxerencias son benvidas. Son un falante habitual de galego, malia vivir algo lonxe, pero recoñezo falta de practica na escrita. Estou a ter algúns problenas ademáis co léxico específico ornitolóxico. Se hai diccionarios galegos sobre o tema, non os coñezo. De feito estou pouco posto o día sobre o tema da lexicográfia galega en xeral, e os meus dicionarios estanse a quedar algo obsoletos.

Un saudo. --Elster 08:44, 25 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:11, 3 outubro 2007 (UTC)

Erros de ortografía[editar a fonte]

Non te queimes a poñer neles que xa sabes que aínda que os poñas diante volto a cometelos, un pouco menos pero volto, pero si parece útil a listaxe ;) Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 16:39, 6 outubro 2007 (UTC)

Ola, Xoán Carlos. Son Uxío. Pasa polo artigo (e pola súa lapela de discusión) dedicado á serie "Pratos combinados", no que estou traballando. Tal vez un "adicto" á serie coma ti poida axudar a aclarar certas dúbidas, ou teñas gravacións que as aclaren.

Un saúdo. --Uxío 19:38, 10 outubro 2007 (UTC)

Resposta sobre "Pratos"[editar a fonte]

Vaites! É que pensei que foras ti o que se pronunciara como "adicto" a "Pratos combinados" na discusión do seu artigo. Resulta que foi outra persoa. Paréceme unha serie importante no campo audiovisual galego. Eu fun seguidor da mesma desde os seus comezos, pero nas últimas temporadas non a vía, debeu acabar bastante antes... Teño entendido que ao final da serie xa non estaban nin a señora Carme (Feli Manzano) nin Paspallás (Serxio Pazos). Pero non teño nin idea (malamente vin o último episodio). Saúdos. --Uxío 13:52, 11 outubro 2007 (UTC)

Planeta limpo e fiabilidade das fontes[editar a fonte]

Como queiras, pero non podo estar de acordo. Neste mundo hai teorías a favor e en contra de todo o habido e por haber. Os avances tecnolóxicos sempre tiveron detractores. As crenzas "oficiais" foron discutidas e, moitas veces, con razón: lembra o "sin embargo, se mueve", de Galileo, ou a morte na fogueira de Servet por asegura-la dobre circulación sanguínea. En alimentación, todo ten partidarios e contrarios (as dietas miragre, as propiedades case máxicas de tantas herbas medicinais: de cre-lo que se pode ler, co allo e o aloe vera curaríanse tódalas enfermidades) . Dos aditivos... qué che vou dicir ¿coñéce-la historia do panfleto de Villajuif? En bioloxía, física e química, tamén. Tes un millón de páxinas e textos nos que a "veracidade" da astroloxía e do curanderismo quedan fóra de toda dúbida. Tes mil libros asegurando a existencia de Deus e outros tantos negándoa, ou a virxinidade da Virxe. Hai quen segue defendendo a teoría do creacionismo e que as pirámides foron construídas por extraterrestres. E así, ata o infinito. O feito de que existan esas teorías (escritas, publicadas, etc) non as converte non xa en fiables, senón que por veces non son cribles e non deberían recibir apoio ningún. E, no punto que agora nos ocupa, o que dis non é neutro: non recólle-la opinión contraria de que non fai dano ningún, segundo a maioría das fontes (e fontes para min moito máis fiables). Pedro --Lameiro (conversa) 22:09, 13 outubro 2007 (UTC)

Portal da comunidade[editar a fonte]

Obrigado, Xoán! A verdade que se agradece, porque fago as correccións a cegas, seguindo o meu gusto, que non ten que coincidir co dos demais. Se tes algunha proposta para o portal da comunidade ou para a Portada, teranse en conta para melloralas na medida do posible. Boa noite. AlberteSi, digame? 20:59, 14 outubro 2007 (UTC)

Re: Amigo[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos. Non o fixera quero agradecerche a túa mensaxe. Moitas grazas polo aprezo que me manifestas, espero continuar sendo merecedor del. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:14, 12 novembro 2007 (UTC)

Re: Sempre amigo[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos. Moitas grazas outra vez pola fermosa mensaxe que me deixaches, síntome abraiado polo aprecio que me manifestas e quero dicir que ese aprecio é mutuo. Agradezoche enormemente tanto a túa mensaxe como os bos momentos de colaboración pasados neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:23, 18 novembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas"[editar a fonte]

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:35, 25 novembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos Fraga/Arquivo 3. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Vasco-da-gama.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Vasco da Gama.JPG), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Vasco-da-gama.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:42, 31 decembro 2007 (UTC)

Un pracer[editar a fonte]

Boas! De seguro que acabas meténdolle man a algunha edición miña, pois malia que me custe admitilo, teño certas manías lingüísticas que... Bueno, se queres que lle metamos man a un artogo, só avisa. A coidarse! ----GallaecioE logo? 10:47, 11 setembro 2008 (UTC)

Reino de Galicia[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos. Non hai porque desculparse, como ti ben dixeches colaboraches na correción lingüística do artigo, e o letreiro máis ben estaba en canto a razóns de contido temático, asi que non hai porque desculparse, todo o contrario. Tamén, dicir que che estou moi moi agradecido polas túas felicitacións alusivas ao artigo, de verdade que me animas de novo para retomar con máis forza se cabe a información do artigo. Moitisimas grazas polas túas palabras.--Alexandre Vigo 23:08, 9 decembro 2008 (UTC)

Ola, e grazas de novo Xoán Carlos pola túa atención e animo. O certo é que entendo perfectamente o que dis, se cadra concretar non lle viña nada mal a este artigo, estou dacordo con iso, mais son consciente tamén da complexidade que entraña abordalo tema territorial, de feito aínda queria aportar notas a todo, é sumamente importante ser rigoroso nun artigo deste calibre. Por iso gustariame conciliar as dúas posturas. Poderiamos se cadra, facer ao comezo de cada capítulo, un breve resumo de apenas 3 liñas que expuxera as ideas principais, asi o leitor podería se quixese quedarse con esas ideas, e de seguido máis abaixo, profundizar no tema, mantendo o que a está feito. Non se me ocorre nada que podamos conciliar mellor, en fin, comentame que che parece. Grazas de novo.--Alexandre Vigo 22:39, 16 decembro 2008 (UTC)

Graciñas polas correccións en Retrete, un artigo que comezara eu facendo máis fincapé no contido ca na lingua e se cadra esta quedou un pouco ao chou, desleixada coma quen di. Pero aí estiveches ti para lle dar unha man de pintura. Graciñas de novo e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:10, 5 xullo 2009 (UTC)

Mercurio[editar a fonte]

Boas, Xoán Carlos. Nin idea dese compoñente mercurial das vacinas, pero lido o que dis, ten todo o sentido incluílo no artigo, así que xa sabes... ;). Canto ó resto, xa sabía do perigo do mercurio nos alimentos, especialmente nos peixes grandes (tipo atúns e peixe espada) por ser bioacumulable. Fíxose tristemente célebre trala identificación da enfermidade de Minamata ([1]) -que ben merece outro artigo na nosa Galipedia- e hoxe é un verdadeiro problema, ó que non se quere mirar, na industria da pesca. Xunto outros metais pesados é algo que intentamos vixiar, pero con moi cativos resultados. Un saúdo e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 5 xullo 2009 (UTC)

En calquera caso, por aquilo da neutralidade, deberías citar tamén a opinión contraria, como esta da OMS: http://www.who.int/vaccine_safety/topics/thiomersal/questions/es/index.html. Pedro --Lameiro (conversa) 14:13, 5 xullo 2009 (UTC)

Pois tampouco, Xoán Carlos. A resposta é: "Lo sentimos, la página que estabas buscando en el blog 2012 renovado no existe". Intentei tamén sen a barra vertical ("|"), pero tampouco. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 21 agosto 2009 (UTC)

Translation of a short story[editar a fonte]

Hi my friend!

I would like to request something from you. Yes, translation. I hope, it's not a bad thing for you. Some years ago I wrote a (really) short story about a lonely man (actually symbolized the Saami nation). I translated into some languages and I thought, it would be great to have it more, like also in Galego :) I made this page, the Spanish translation is somewhere there. You can put the Galego translation there. Thank you again! Sorry for my disturb... :( - hu:User:Eino81

Thank you! :) --Eino81 04:12, 24 agosto 2009 (UTC)

As you asked, I'm Hungarian, as you see, my Hungarian wiki user page is the greatest, not the Finnish or other. :) So my mother tongue is the Hungarian. :) --Eino81 07:46, 24 agosto 2009 (UTC)

Pois nada meu, un saúdo para ti tamén. Por aquí seguiremos no proxecto, alédome de coincidir nel contigo e con tódolos demais. Que siga sendo así. --Alberte Si, dígame? 19:30, 23 agosto 2009 (UTC)

Páxina de usuario Pexego[editar a fonte]

Hola Xoan Carlos, pois non podo máis que darte as grazas por arranxar os erros que tiña. Xa de por sí teño algún problema ca ortografía en galego (ainda que vou aprendendo ben), e onde non é 'tan' oficial (como na miña páxina de usuario) ainda presto menos atención. A verdade é que teño que pararme un día nela, actualizala e poñela algo máis seria, como a túa por exemplo que está moi ben, pero de momento préstanme máis traballar en artigos que na miña páxina. Pois nada, darte as grazas de novo e aproveito para saudarte. --Pexego(conversa) 22:30, 27 agosto 2009 (UTC)

Re: Saúdos[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos. Perdoa por tardar en responder, hai días que non pasaba pola Galipedia. Alédame a túa mensaxe, aprecio moito os teus comentarios tanto desta mensaxe como doutras anteriores. Non tes que desculparte por ter discrepado comigo, non te apreciei menos por ter un punto de vista diferente. Pareceume e paréceme que tes feito un traballo moi importante en favor da Wikipedia en galego. A túa posición nos temas nos que tiñas unha visión distinta era honesta e merecente de respecto. En canto a miña presenza aquí só pretendo achegar a miña axuda, en tempos difíciles e a través desta vía, a prol da cultura e da lingua galega. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:04, 1 setembro 2009 (UTC)

Imaxe dinámica[editar a fonte]

Moitisimas grazas Xóan Carlos, as miñas contribucións á galipedia son máis que contadas e moi modestas, animame moito o que me dis e agradezo enormemente o teu comentario, grazas por tan positiva consideración.Grazas.--Alexandre Vigo 13:53, 3 setembro 2009 (UTC)

Páxinas de usuario[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos Fraga. Supoño que non te decataches pero as páxinas de usuario doutros colaboradores non se editan, mesmo se teñen erros ortográficos ou doutro tipo, sempre e cando non violen as políticas e normas do wiki. Un caso excepcioanl podería ser que afecten a algunha cuestión técnica que deben xestionar os administradores. Unha situación na que se poderían editar é se o editor pide expresamente a axuda dun compañeiro, comprobeino e non era o caso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:37, 18 setembro 2009 (UTC)

Grazas pola resposta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:53, 19 setembro 2009 (UTC)

Ola Xoan Carlos. Ata onde eu entendo do que estivo facendo Alexandre é completa-lo texto de Goto Muñiz co que había en Goto, de forma que este desaparecería; por iso marcou Goto para borrar. Se cres necesario facer algún cambio habería que facelo no artigo Goto Muñiz. Todo isto a non ser que eu estea equivocado, que todo pode ser. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:26, 2 novembro 2009 (UTC)

"Brezal"[editar a fonte]

"brezal non existe en galego, e deixei breixo, pois descoñezo o nome colectivo"

  • Uceira, Xoán, é o sitio poboado de uces (=breixos). Non teño moi claro se queiroga é unha variedade de uz, unha Erica sp, ou unha planta parecida; de se-lo mesmo, tamén valería queirogal. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:30, 24 xaneiro 2010 (UTC)

Mover o Galizionario[editar a fonte]

Grazas Xoan Carlos, trasládolle o que me dixeches a Toliño, a ver se damos aclarado algo. --HombreDHojalata conversa 21:02, 17 febreiro 2010 (UTC).

Peñón vs. penedo[editar a fonte]

Boas, Xoán Carlos. Hai unha discusión aberta aquí e se cadra a túa opinión era de axuda. Grazas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:26, 11 marzo 2010 (UTC)

ghallegho[editar a fonte]

ola, Xoán! Mira, podes botar un ollo a estes datos, a ver se poden ser útiles e engadilos nalgures? Non teño moi claro onde poderían ir, pero parécenme moi interesantes. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:45, 11 marzo 2010 (UTC)

Boas; vaime ser difícil achar referencias, porque o texto está adaptado a partir de apuntamentos en clase. Pero si, sería moi interesante. Graciñas pola atención! Saúde; --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:55, 11 marzo 2010 (UTC)
  • Boas! deixeiche un comentario en Conversa:Guerra Civil Española, está o cadro preparado para que lle poñas unha imaxen "guapa", deixote a tí a elección porque unha estou no traballo e dende aquí non se me ven as imaxes, e duas porque seguramente ti saibas escoller mellor :). Saúdos! --Banjo tell me 13:48, 16 marzo 2010 (UTC)

soneto de Monterrei[editar a fonte]

Ola, Xoán! Unha cousiña: penso que o soneto de Monterrei debería estar en wikifontes máis que na galipedia, non? Un saudiño; --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:18, 18 marzo 2010 (UTC)

Xoán Carlos, móveo sen problemas. Efectivamente para eses casos é custo. Non sei se era iso o que me dicías ou é que non cho entendín ben. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:05, 22 marzo 2010 (UTC)

Tes que perdoar pero eu para os modelos sonche ignorante de todo. Non me prodigo moito nese eido. Non se pode logo mudar á brava directamente no modelo? Por exemplo, nese que dis de Modelo:Ficha aeronave? Sinto non servir de axuda. Fálallo a Toliño, que sabe un mundo máis ca min disto. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:21, 22 marzo 2010 (UTC)

Lendo o artigo Celeiro (documento) que estás a editar veume unha curiosidade: editando o artigo Hórreo souben que a palabra celeiro ou cileiro provén dun cellarium latino, de cella, silo ou adega. Agora ben, vendo a relación entre un documento coñecido como Celeiro e un rei chamado Silo, tes constancia de que haxa algún vínculo etimolóxico entre eses dous nomes? Gracias por adiantado. --Xoacas(Góstache o pemento?) 10:01, 26 marzo 2010 (UTC)

Si, é unha cuestión complicada. Penso que debemos guiarnos polo que diga a meirande parte da historiografía galega, e eu toda a que consultei fala de Afonso IX e Afonso X o sabio. Habería que ver cal é a tendencia actual á hora de numerar estos reis. --Alberte Si, dígame? 16:35, 29 marzo 2010 (UTC)

Discusión[editar a fonte]

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:36, 30 marzo 2010 (UTC)

Marzo marzal[editar a fonte]

Corrixe sen problemas, ho :), e moito menos sen pedir permiso. É certo o que dis do seu uso como adxectivo, pero conste en acta que no Diccionario de Diccionarios (Filgueira e Carré) vén como substantivo. Tódolos demais (Eladio, Franco Grande, Constantino, Rivas Quintas) dano como adxectivo. A Monteira e o Tío Marcos tamén usan Marzo. Adiante co cambio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:22, 31 marzo 2010 (UTC)


os meses na cultura popular galega[editar a fonte]

Bos días.

Hai novidades que igual che interesan aquí: Conversa:Portada#os_meses_na_cultura_popular_galega.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 10:33, 1 abril 2010 (UTC).

Reino de Granada[editar a fonte]

Grazas polas túas correcións. Un saúdo--AMPERIO 19:14, 3 abril 2010 (UTC)

Lidia Senra[editar a fonte]

Ola, Xoán Carlos; Puxen que Lidia Senra é a secretaria de organización do SLG porque o acabo de mirar na páxina web do sindicato, pero se podes referenciar que xa non ocupa o cargo, agradeceríacho. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:16, 8 abril 2010 (UTC)

Entón o que eu puxera está ben; o cargo actual de Lidia Senra é secretaria de organización (non da). --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:30, 8 abril 2010 (UTC)

Frase inicial[editar a fonte]

Si, esa frase de enciclopédica ten ben pouquiño. Posto que estás co tema, múdaa con liberdade. E se deixas o de que mantén un importante número de falantes, trata de equilibralo dicindo que en cousa de 50 aniños o número destes falantes (como lingua nai) reduciuse á metade. Un saúdo e moi bo traballo, Xoán Carlos. --Atobar (conversa comigo) 15:29, 9 de abril de 2010 (UTC)

facer camiño tomando como exemplo o teimudo labor daqueles que, dentro e fóra de Galicia, nunca deixaron de fomentar a presenza e a contribución do pobo galego ao mundo. Esta frase en concreto si é de arramplar con ela directamente. --Atobar (conversa comigo) 15:30, 9 de abril de 2010 (UTC)
  • Copio a túa frase e engado cambios: Ás portas do século XXI a nosa lingua (a lingua galega) segue a se manter viva (segue viva), protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante. Así e todo, a situación real é que está a punto de mudar de lingua maioritaria a minorizada (unha lingua minorizada xa o é; supoño que queres dicir minoritaria. Por outra banda, dicir que segue a ser maioritaria é moito dicir. O único lingüista que defende actualmente esa tese -dunha maneira cando menos estrambótica- é Mauro Fernández, da UDC, e así lle vai: danlle para o pelo), pois a gran maioría dos falantes aséntase na terceira idade e tamén debido a que as novas xeracións (as das grandes urbes, sería máis preciso) teñen o castelán como lingua materna en maior porcentaxe, como xa dixemos máis arriba (eu borraría despois da coma). --Atobar (conversa comigo) 16:52, 9 de abril de 2010 (UTC)
Ás portas do século XXI a lingua galega segue viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante. Así e todo, a situación real é que está a punto de mudar de lingua maioritaria a minoritaria, pois a gran maioría dos falantes aséntase na terceira idade e tamén debido a que as novas xeracións (principalmente urbes e vilas) teñen o castelán como lingua materna en maior porcentaxe. [deixeino así provisionalmente; mais o certo é que case seguro o castelán é na actualidade a lingua maioritaria na Galiza globalmente falando, pero non poño tal afirmación mentres non haxa algunha publicación que o constate, pois de momento descoñezo que exista]--Xoán Carlos Fraga 19:29, 9 de abril de 2010 (UTC)
  • Fixen cambios moi pequeniños. A min paréceme que está bastante ben. A partir de aí xa se poderían engadir máis datos no futuro. É moi importante este labor que os galipedistas estamos a facer. Vaise ver dentro dun par de anos, creo eu. Un saúdo e parabéns. --Atobar (conversa comigo) 18:01, 12 de abril de 2010 (UTC)

Escudería, escudaría, escuadra...[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos.

A ver se me podes axudar cunha dúbida. Referente á Formula 1, que é o correcto: escudería, escudaría, escuadra...?

Grazas e saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 10:22, 10 de abril de 2010 (UTC)

Barriga verde[editar a fonte]

  • Feito! Feito!. Podíasllo quitar ti mesmo sen problemas, que hai confianza abonda no teu quefacer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:10, 14 de abril de 2010 (UTC)

Sinónimos[editar a fonte]

Estás seguro de que son erros? Eu creo que soamente son recomendacións. Exemplos [2] [3] e así sucesivamente. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:36, 14 de abril de 2010 (UTC)

Estás comprobándoo no VOLGa en liña ou nun que tes pola casa? Dígocho porque me acorda agora que unha vez Lameiro tamén dixo que estaba a comprobalo no VOLGa e resulta que o papel estaba desfasado con respecto ao VOLGa en liña. Eu acabo de probar con esquirol, e efectivamente fala de recomendación, non de erro. --Atobar (conversa comigo) 23:40, 14 de abril de 2010 (UTC)
Acabo de comprobalas, e vexo que todas son recomendacións, agás, como dis, salpedrés. Canto a grúa, tamén ten o significado de guindastre [4]. É mágoa cando un traballa en balde, xa cho sinto. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:54, 14 de abril de 2010 (UTC)

Historia da lingua[editar a fonte]

Supoño que xa che chegou por outros medios [6] Recén forneado. Déixocho por se che dá por chantar referencias na situación actual da lingua. Se o fas, que non che esqueza salientar que por primeira vez na historia do país unha provincia galega ten como lingua maioritaria o castelán (Pontevedra) e que en 7 anos a porcentaxe de galegofalantes se só galego baixo trece puntos namentres que a de castelán subiu en todas as provincias. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:31, 15 de abril de 2010 (UTC)

Cadansúa[editar a fonte]

Erro meu. Corríxeo, Xoán Carlos. O exemplo penseino no momento, sen lle dar moitas voltas, pero, efectivamente, non vale. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:44, 17 de abril de 2010 (UTC)

Xoán Carlos, na Galipedia non usamos anexos. Esa páxina cómpre facela real ou borrala. Como vexas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:06, 22 de abril de 2010 (UTC)

Ben, ben. Por min vale así. --Atobar (conversa comigo) 13:54, 22 de abril de 2010 (UTC)

Antroponimia[editar a fonte]

Pois concordo contigo, Xoán Carlos. Eu borraría o primeiro. Se che parec, pódelo poñer na páxina de conversa ou abrir unha rolda de votación ao efecto. O meu borrar telo, pero é para asegurármonos, non vaia ser que despois haxa algunha voz que nos acuse de queimar as etapas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:29, 22 de abril de 2010 (UTC)

Ola, Xoán Carlos. En algunhas das ediciós que estás facendo do qrtigo Apelido engadiches os equivalentes dealgúns apelidos galegos en outros idiomas, concretamente en español e portugués. Cal é o sentido de facer isto? Pregúntocho porque non sei se o artigo gañaría se se fixese o mesmo con outros idiomas. Por exemplo, a aclaración de que o equivalente castelán de Biéitez / Bieites / Vieites é Benítez tróuxome á cabeza que podería ser interesante saber que en italiano o equivalente sería Benedetti, pero claro, iso podería levarnos a varrer todos os idiomas romances, e non sei se pagaría a pena, por iso prefiro consultarcho antes. Un saúdo. Xoacas(non che sinto?) 13:32, 24 de abril de 2010 (UTC)

Solucionado. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 12:39, 27 de abril de 2010 (UTC)

Historiografía[editar a fonte]

Xoán Carlos, soamente unha cousa: a historiografía galega non son só A. López Carreira e Camilo Nogueira (este último non é historiador). De feito, estes son dous de tantísimos outros. Soamente dicircho para desmentir que o que eles dous din sexa o que di o conxunto da historiografía galega. Aí está a chave, coido. Como lle dixen a Alexandre, non podo profundizar máis porque non teño os libros canda min. En calquera caso, insistir: mudar os nomes dos reis é, cando menos, delicado. Cómpre un moi amplo consenso. --Atobar (conversa comigo) 14:06, 28 de abril de 2010 (UTC)

Si, si. Estamo na mesma liña. O DEGU vale. O único que pido é ir devagar e con cautela, que o tema é fundamental para a credibilidade do proxecto. De feito, tócao de cheo. É mágoa non ter libros de historia a man! --Atobar (conversa comigo) 14:23, 28 de abril de 2010 (UTC)
Grazas polo aviso Xoán, xa amañei o cadro, listo de min puxen de precedesor de Vermudo III ao propio Vermudo III, andoche como unha chavella...con tanto reino, rei e monarca :). Unha aperta Xoán e grazas por revisar o tema.--Alexandre Vigo 11:21, 1 de maio de 2010 (UTC)
Listo Xoán, deberon de mudar o enderezo, en fin, xa está reposto e listo para ser consultado. Unha aperta.--Alexandre Vigo 14:48, 2 de maio de 2010 (UTC)

Hola Xoan Carlos, eu categoricei recentemente tódolos artigos que ves na Categoría:artigos destacados e procuro categorizar eses, os "Sobre Galicia" (refírome os artigos orixinais completos, non os resumos para a portada) e as "Imaxe da semana" en canto son elixidos, e dicir, en canto as correspondentes votacións están pechadas, pois os administradores soen esquecer facelo. Ese é o motivo de que podas atopar algún que inda non apareceu na portada, inda que a comunidade xa o elixiu para ela.

O nome da Categoría:Artigos destacados sobre Galicia, creada en novembro por Xabier Cid (actualmente inactivo), pode levar a confusión, pero hai que ter en conta que refírese a os artigos que na portada aparecen en "Sobre Galicia", e que non ten nada que ver cos que aparecen en "Artigo destacado". Eu proporía eliminala e recategorízar os artigos na Categoría:Sobre Galicia, de xeito que os artigos completos quedaran nesa categoría "raíz" e os "artigos-resumo-de-portada" en cadansúa subcategoría que contén. Pero iso fareino outro día.

Fixen unha subpáxina de usuario coa lista de todos eles que igual che interesa ou resulta útil.

Un saúdo --. HombreDHojalata.conversa 11:29, 1 de maio de 2010 (UTC)

RE:Dúbida[editar a fonte]

Lamento non poder responderche. Non estou xa neste proxecto máis ca como pantasma. O que acaba de acontecer en Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Votacións é a maior aberración que podería imaxinar. Supón que é unha páxina de votación que tivo unha discusión (da que ninguén se deu de conta) nunha subpáxina de usuario. Eu non existo. Grazas por seguires aí, pero polo momento, non existo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:59, 7 de maio de 2010 (UTC)

RE:Dúbida[editar a fonte]

Lamento non poder responderte. Non estou xa neste proxecto máis ca como pantasma. O que acaba de acontecer en Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Votacións é a maior aberración que podería imaxinar. Supón que é unha páxina de votación que tivo unha discusión (da que ninguén se deu de conta) nunha subpáxina de usuario. Eu non existo. Grazas por seguires aí, pero polo momento, non existo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:03, 7 de maio de 2010 (UTC)

Se cadra éche útil esta información: Freedom of panorama. Saúdos. Xoacas(de laranxa) 01:16, 7 de maio de 2010 (UTC)

Onte non estaba para responder pois andaba moi cabreado (non con ninguén, co mundo en si). Fódeme non poder dedicarlle 3 ou 4 horas diarias á Wikipedia (como frecuentemente viña facendo) por non haber seriedade e ser un espazo vago e incómodo, un espazo que non favorece a colaboración nin o traballo.
Sobre a estatua. Descoñézoa. Se está permanentemente na vía pública ou podes fotografala desde a vía pública (procura deixar iso claro na foto, para non ter problemas), entendo que podes facer o que desexes. O problema é que significa "permanentemente". Eu entendo que se é unha exposición itinerante, non podes. Apertas e desculpa-- Lmbuga / Conversa comigo  10:00, 7 de maio de 2010 (UTC)

Falando dos premios de cine, teatro, etc[editar a fonte]

Ola Xoán Carlos.

Estou convencido de que *nominacións é incorrecto, que o correcto é "'nomeamentos".

Poderíasmo confirmar?

Grazas--. HombreDHojalata.conversa 12:50, 7 de maio de 2010 (UTC)

Tila/acento[editar a fonte]

Xoan Carlos, o do til/acento coido que xa o discutiramos por algures. O til é o signo ortográfico. --Atobar (conversa comigo) 21:37, 9 de maio de 2010 (UTC)

A palabra casa vai acentuada no primeiro a, pero non levo til (acento gráfico/sinal ou signo ortográfico). A palabra cárcere vai acentuada no a leva til no A. Falo de memoria, pero penso que non ando enganado. Busca til e verás a primeira acepción. Sobre o de México, fágoo máis adiante, que non estou na casa estes días e soamente pasaba para botar unha ollada global. Falamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:47, 9 de maio de 2010 (UTC)
Carai, ando aos biosbardos. Tes razón. Esquece o que dixen que non vale. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:49, 9 de maio de 2010 (UTC)