Altruísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dar esmola aos pobres adóitase considerar unha acción altruísta.

O altruísmo[1] é un principio e práctica moral que implica comportarse procurando o benestar doutros seres humanos ou animais, sendo un concepto oposto ao egoísmo. Considérase unha virtude en moitas culturas e un aspecto fundamental de varias tradicións relixiosas e cosmovisións seculares.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo "altruísmo" foi acuñado en lingua francesa polo filósofo francés Auguste Comte, como altruisme, concepto antónimo do egoísmo,[2][3] que á súa vez derivaba do italiano altrui, que proviña do latín alteri, que significa "outras persoas".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para altruísmo.
  2. Douglas Harper (ed.). "altruism (n .)". Online Etymology Dictionary. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  3. Teske, Nathan (2009). Pennsylvania State University Press, ed. Political Activists in America: The Identity Construction Model of Political Participation. University Park, Pa. p. 101. ISBN 9780271035468. 
  4. Ciciloni, Ferdinando (1825). John Murray, ed. A Grammar of the Italian Language. Londres. p. 64.