Antón Figueroa Mosteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAntón Figueroa Mosteiro
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Curtis, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 2005 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , farmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAdela Figueroa Editar o valor em Wikidata


Antón Figueroa Mosteiro, nado en Curtis en 1915 e finado en Lugo o 22 de outubro de 2005,[1] foi un farmacéutico, médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do farmacéutico Manuel Figueroa Barros que se estableceu en Curtis. Marchou a Lugo con dous anos e alí estudou Farmacia por libre. Recibiu unha bolsa da Fundación Figueroa. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1936 e enfermo de tuberculose marchou a Salamanca onde fixo Medicina.[2] En 1934 fundou con Ramón Piñeiro as Mocedades Galeguistas de Lugo. Traballou no Hospital General de Madrid co doutor Enrique de la Vega Uaco, e despois, en Lugo, co doutor Exiquio Sánchez Cuesta. Logo foi forense. En 1944 fíxose cargo da farmacias de Lugo herdada do seu pai. Participou na fundación da Editorial Galaxia. Logo da morte de Franco militou no PSOE do que foi presidente da agrupación local de Lugo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Lugo, 25-10-2005, p. 58.
  2. «Fui feliz al ejercer la Medicina», La Voz de Galicia, Lugo, 12-4-1994, p. 38.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]