Santillana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos Alonso González")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santillana
Santillana.jpg
Información persoal
Nome completo Carlos Alonso González
Nacemento 23 de agosto de 1952
  Santillana del Mar
Nacionalidade España
Altura 1,75
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Carlos Alonso González, mais coñecido como Santillana, nado o 23 de agosto de 1952 en Santillana del Mar (Cantabria), é un ex-futbolista e actual empresario. O seu alcume provén da localidade cántabra na que naceu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar profesionalmente no Racing de Santander, porén cando tiña 19 anos fichou polo Real Madrid.

No club madrileño transcorreu o resto da súa carreira futbolística, disputando 800 encontros oficiais, tras os cales se retirou do fútbol en activo xa comezada a tempada 1987/88, con 36 anos.

Foi internacional coa Selección de fútbol de España, disputando 56 encontros e marcando 15 goles. Coa selección competiu en dous mundiais, Arxentina en 1978 e España en 1982, e na Eurocopa de 1984.

Tamén participou no histórico encontro contra a Selección de fútbol de Malta, no que España debía gañar por 11 goles para clasificarse. Finalmente o encontro rematou cun 12-1, con catro goles de Santillana.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]