Gijón Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cabitel Gijón»)
Gijón Baloncesto
Información xeral
Fundación 1982
Desaparición 2009
Cores           Vermello, branco
Localización
Cidade España Xixón, España
Pavillón Palacio de Deportes
Capacidade 5.197

O Gijón Baloncesto foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Xixón, Asturias. Fundado en 1982, militou durante catro temporadas na ACB, máxima categoría do baloncesto español, sendo o único equipo asturiano en conseguilo. Após descender á LEB Prata en 2007, o equipo aguanta dúas temporadas dúas temporadas até desaparecer por problemas financeiros.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O 26 de novembro de 1981 un grupo de persoas representantes de clubs e colexios nos que se practicaba o baloncesto xuntaron os seus intereses comúns co fin de revitalizar este deporte en Xixón. O proxecto foi madurando após acadar o apoio de clubs e autoridades. O 7 de xuño de 1982 o club adquire os dereitos federativos do Real Grupo de Cultura Covadonga, equipo que entón militaba na Segunda División, a terceira categoría do baloncesto español. O club, baixo o mando de Pedro Zorrozúa no banco, comezaría a súa andaina xogando no Pavillón da Area. A temporada do club foi un éxito xa que conseguiu 23 vitorias en 24 partidos e o ascenso á Primeira División B nunha fase celebrada en Melilla. Na segunda categoría competiu até a temporada 1994−95, ano no que o equipo consegue o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB.

Na primeira campaña do club na ACB, o contou cos xogoadores David Fernández, Sergio Cortés, Johnny McDowell, José Luis Casaprima, Paco Gómez, Arturo Cavero, Borja Rodríguez, Toño Grana, Juan Antonio Hernández, Roberto Carvajal, Pablo Noguero e Juanjo Meana, dirixidos desde o banco por Iñaki Iriarte. Con todo, o equipo descende após finalizar en último lugar con tan só oito vitorias. Porén, o equipo non tardaría en regresar á elite, conseguindo ascender de novo na temporada 1998−99 da man do técnico galego Moncho López. Esta vez o equipo conseguiría disputar tres campañas consecutivas na ACB, onde destacar xogadores como Javi Pérez, Tomás Jofresa, Luis Scola, Lou Roe, Glen Whisby, Hernán Jasen, Jackie Espinosa, Javi Rodríguez, José Ramón Esmorís ou Pep Cargol. Nesta etapa na ACB o equipo consvértese en Sociedade Anónima Deportiva. Co descenso de categoría, o club compite entre as temporadas 2002−03 e 2006−07 na Liga LEB, contando nas súas filas con xogadores como Saúl Blanco, Mark Bigelow ou Antxon Iturbe. Porén, o equipo volvería descender no 2007, pasando a xogar na Liga LEB Prata. Logo da fuga de patrocinadores e os malos resultados que foron deixando sen aire ao equipo, no 2009 o club cesou a súa actividade ao non inscribirse en ningunha competición por non conseguir cartos para inscribirse na competición.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Os seguintes foron os adestradores do Gijón Baloncesto.

  • España Pedro Zorrozúa (1982–1983)
  • España José Antonio Figueroa (1983–1984)
  • Estados Unidos Ed Johnson (1984–1985)
  • España Ricardo Hevia (1985–1987)
  • España Emilio de Diego (1987)
  • España Trifón Poch (1987–1988)
  • España Eduardo Ayuso (1988)
  • Estados Unidos Ed Johnson (1988–1989)
  • España Víctor Lago (1989)
  • España Antonio Garrido (1990–1991)
  • Estados Unidos Ed Johnson (1991)
  • España Víctor Lago (1991–1992)
  • España Antonio Garrido (1990–1991)
  • España Víctor Lago (1992)
  • España Antonio Garrido (1992)
  • España Ángel Martín-Benito (1993)
  • Estados Unidos Bill McCammon (1993–1995)
  • España Iñaki Iriarte (1995–1996)
  • España Luis Casimiro (1996–1997)
  • España Vicente Charro 1997
  • España Pepe Rodríguez (1997–1998)
  • España Moncho López (1998–2002)
  • España Moncho Fernández (2002–2005)
  • España Diego Tobalina (2005–2006)
  • España Joaquín Prado (2006–2007)
  • España Jorge Elorduy (2007–2008)
  • España Jenaro Díaz (2008–2009)

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
1982–83 3 2ª Div. 27–2
1983–84 2 1ª Div. B 13–13
1984–85 2 1ª Div. B 10º 12–14
1985–86 2 1ª Div. B 11º 15–16
1986–87 2 1ª Div. B 14º 18–16
1987–88 2 1ª Div. B 12º 17–23
1988–89 2 1ª Div. 20–13
1989–90 2 1ª Div. 12º 14–20
1990–91 2 1ª Div. 20–19
1991–92 2 1ª Div. 22–19
1992–93 2 1ª Div. 18º 15–19
1993–94 2 1ª Div. 19–18
1994–95 2 EBA 29–10
1995–96 1 ACB 20º 9–33
1996–97 2 LEB 20–11 Copa Príncipe
1997–98 2 LEB 13–15
1998–99 2 LEB 26–13 Copa Príncipe CF
1999–00 1 ACB 16º 11–23
2000–01 1 ACB 15º 11–23
2001–02 1 ACB 18º 6–28
2002–03 2 LEB 16–18
2003–04 2 LEB 12º 15–19
2004–05 2 LEB 10º 15–19
2005–06 2 LEB 12º 15–19
2006–07 2 LEB 17º 15–24
2007–08 3 Prata 26–12 Copa LEB Prata SF
2008–09 3 Prata 13º 10–20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Desaparece el Gijón, equipo de LEB Plata". elcorreo.com (en castelán). 22 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]