Saltar ao contido

Indonesian Aerospace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Indonesian Aerospace
Logotipo
 Instancia de
Organizacións
 Forma xurídica
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
23 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF135088925 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0brk2c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Indonesian Aerospace (IAe), ou o nome oficial indonesio PT Dirgantara Indonesia (Persero), é unha compañía aeroespacial indonesia implicada no deseño de aeronaves e no desenvolvemento e fabricación de avións rexionais civís e militares. A compañía era anteriormente coñecida como Industri Pesawat Terbang Nusantara (IPTN).[1] Expandiuse dende unha instalación industrial e de investigación baixo o auspicio da Forza Aérea de Indonesia, chamada Lembaga Industri Penerbangan Nurtanio (LIPNUR).

Creada no ano 1976 como unha empresa pública, desenvolveu a súa capacidade como fabricante de aeronaves e diversificouse cara a outras áreas, como telecomunicacións, automoción, marítima, tecnoloxía da información, gas e petróleo, control e automatización, militar, tecnoloxía de simulación, turbinas industriais e servizos de enxeñería.

  1. "PT Indonesian Aerospace". Global Security. Consultado o 14 de novembro de 2018.