Saltar ao contido

Bertolt Brecht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bertold Brecht»)
Modelo:BiografíaBertolt Brecht

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Eugen Berthold Friedrich Brecht Editar o valor en Wikidata
10 de febreiro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Augsburgo (Reino de Baviera) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1956 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Berlín Leste, República Democrática Alemá Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Dorotheenstadt Editar o valor en Wikidata
ResidenciaChausseestraße (pt) Traducir (1953–1956) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic - medicina, filosofía (1917–1921) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, libretista, crítico literario, escritor, director de cinema, poeta, guionista, director teatral, letrista, realizador Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Independente Socialdemócrata de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosWolf Biermann Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioBertolt Brecht
Berthold Larsen Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePaula Banholzer, Marianne Zoff, Helene Weigel Editar o valor en Wikidata
ParellaPaula Banholzer Editar o valor en Wikidata
FillosFrank Banholzer
 () Paula Banholzer
Hanne Hiob
 () Marianne Zoff
Stefan Brecht
 () Helene Weigel
Barbara Brecht-Schall
 () Helene Weigel
Michel Berlau
 () Ruth Berlau Editar o valor en Wikidata
IrmánsWalter Brecht Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Брехт Бертольт)
UbuWeb
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0106517 Allocine: 21926 Allmovie: p82890 IBDB: 4511
BNE: XX1150786 Bitraga: 66 iTunes: 322158 Musicbrainz: 95fb3a0c-fc74-4f51-acba-bbe5b3a78e32 Songkick: 78259 Discogs: 457141 IMSLP: Category:Brecht,_Bertolt Allmusic: mn0000042141 WikiTree: Brecht-132 Find a Grave: 2972 Editar o valor en Wikidata


Eugen Berthold Friedrich Brecht, máis coñecido coma Bertolt Brecht, nado en Augsburgo o 10 de febreiro de 1898 e finado en Berlín o 14 de agosto de 1956, foi un dramaturgo e poeta alemán, un dos máis influentes do século XX, creador do chamado Teatro épico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era Bertolt Friedrich Brecht e a súa nai Sofie Brecht, nacida en Brezing. Bertolt asistiu á escola primaria desde 1908 e finalizou os estudos secundarios na escola de Augsburgo en 1917, se ben estivo a piques de non obter o título de bacharelato pola súa implicación nun escándalo escolar.

Inicialmente influenciado pola euforia da guerra, Brecht criticou o ensaio sobre o poeta Horacio Dulce et decorum est pro patria mori ("Morrer pola patria é doce e honorable"), que Brecht consideraba como propaganda dirixida na que só os parvos caen. Por iso foi castigado coa expulsión da escola. Só a intervención do seu pai e do profesor de relixión evitáronlle o castigo[1].

A continuación estudou medicina en Múnic, asistindo tamén ao seminario de historia do teatro de Arthur Kutscher, quen inspirou en Brecht a admiración polo dramaturgo Frank Wedekind[2], un precursor do expresionismo e mordaz crítico das actitudes burguesas finiseculares, en especial respecto ao sexo. Ó ano seguinte interrompeu os estudos ó ser chamado a filas como soldado sanitario nun hospital militar en Augsburgo, no marco da primeira guerra mundial. Durante ese tempo coñeceu a Paula Banholzer, coa que en 1919 tivo un fillo, Frank, que morrería na fronte rusa en 1943, durante a segunda guerra mundial.

A partir de 1920 Brecht viaxou con frecuencia a Berlín, onde estableceu relacións con xente do teatro e da escena literaria. En 1924 trasladouse definitivamente alí e empezou a traballar como dramaturgo xunto a Carl Zuckmayer no Deutsches Theater de Max Reinhardt.

En 1922 casou coa actriz de teatro e cantante de ópera Marianne Zoff. A partir daquel momento o mozo artista tivo papeis en Münchner Kammerspiele e no Deutsches Theater de Berlín. Un ano máis tarde tiveron unha filla, Hanne. Pouco despois coñeceu á que sería a súa segunda esposa, Helene Weigel. En 1924 naceu o seu segundo fillo, Stefan, e tres anos máis tarde divorciouse de Marianne Zoff. En 1929 casou con Helene Weigel, con quen posteriormente tería unha filla, Bárbara.

Desde 1926 tivo frecuentes contactos con artistas socialistas que influíron amplamente na súa ideoloxía. As súas primeiras obras xa sufriron o influxo do pensamento hegeliano, que coñecía desde a súa primeira mocidade, así como as obras do discípulo de Hegel, Karl Marx. Con 29 anos publicou a súa primeira colección de poemas, e un ano máis tarde acadou o maior éxito teatral da República de Weimar cunha obra con música de Kurt Weill.

Brecht sempre quixo influír no público coas súas actuacións, conciencialo e facelo pensar, para o que foi configurando unha teoría dramática antirrealista que procuraba distanciar ó espectador do elemento anecdótico. Para logralo fixouse nos incipientes medios de comunicación de masas que a recentemente nacida socioloxía empezaba a utilizar con fins políticas: a radio, o teatro e incluso o cine, a través dos que podía chegar ó público que pretendía educar. A súa meta foi acadar un cambio social que lograse a liberación dos medios de produción. Para logralo incluíu tanto o ámbito intelectual como o estético. Poden observarse estas metas xa nas súas primeiras obras como Baal, Tambores na noite e na súa colección de poemas Devocionario doméstico. A ópera dos tres reás critica, por exemplo, a orde burguesa, da que se burla representándoa como unha sociedade de delincuentes. Esta obra foi levada ó cine en 1931 baixo a dirección de Georg Wilhelm Pabst e coa participación de varios dos artistas orixinais da obra de teatro.

Un ano despois, Brecht levou a cabo un proxecto de propaganda das súas ideas comunistas a través do cine. Kuhle Wampe ("A quen pertence o mundo?"), dirixida por Slatan Dudow e con música de Hanns Eisler, amosa as opcións que o Comunismo pode ofrecer a un pobo alemán azoutado pola crise da República de Weimar. A película foi prohibida un ano despois, cando o réxime nazi chegou ó poder en Alemaña, manténdose a prohibición entre 1933 e 1945.

Vida no exilio

[editar | editar a fonte]
Monumento, por Fritz Cremer.

A comezos de 1933 a representación da obra A toma de medidas foi interrompida pola policía e os organizadores foron acusados de alta traizón. O 28 de febreiro —un día despois do incendio do Reichstag— Brecht coa súa familia e amigos abandonan Berlín e foxen a través de Praga, Viena e Zürich a Skovsbostrand, cerca de Svendborg, en Dinamarca, onde pasan cinco anos. En maio de 1933 tódolos seus libros foron queimados polos nacionalsocialistas.

O exilio de Brecht foi seguramente a época máis dura da súa vida, malia o cal escribiu algunhas das súas mellores obras. Encontrándose nunha situación económica difícil, tivo que viaxar a Londres, París e incluso Nova York para que se lle permitise a representación das súas obras e influír deste modo na sociedade e a política. Pero á parte das súas obras teatrais, escribiu tamén contribucións para varias revistas de emigrantes en Praga, París e Ámsterdam.

En 1939 escribiu canda a Margarete Steffin a obra Nai Coraxe e mais os seus fillos. Nese mesmo ano abandonou Dinamarca para vivir durante un ano nunha granxa cerca de Estocolmo, e en abril de 1940 en Helsinqui. Durante esta época escribiu a súa obra A vida de Galilei. Nesta obra de teatro retratou en parte a súa propia situación na sociedade: Galilei nunca se dirixe directamente contra a Igrexa, pois nese caso a Inquisición podería demostrar que é un herexe. Brecht actuou de maneira parecida durante o seu exilio: nunca se pronunciou explicitamente crítico contra a autoridade, o estado e a sociedade, senón sempre dun modo subliminar, coa xusta crítica para non chegar a ser mártir das súas propias ideas.

No verán de 1941 viaxou desde Moscova no expreso transiberiano a Vladivostok. Desde o leste da Unión Soviética viaxou en barco a California, onde se asentou en Santa Monica, preto de Hollywood. Desexaba obter un papel no negocio cinematográfico, pero conseguiuno só en pequena medida. Ademais, organizou algunhas representacións teatrais menores, na maioría dos casos en escenarios de emigrantes. Apenas tivo ocasión de actuar politicamente. Describiuse a si mesmo como "mestre sen alumnos", xa que os estadounidenses non parecían estar interesados no seu traballo. Polo tanto decidiu concentrarse unicamente nas súas obras maiores, como A boa persoa de Sezuán ou A vida de Galilei, estreadas en 1943 no teatro de Zürich.

As autoridades dos Estados Unidos atribuíanlle perigosas ideas comunistas, polo que foi interrogado o 30 de outubro de 1947 polo Comité de Actividades Antiestadounidenses, que conducía o senador republicano Joseph McCarthy. Un día despois do interrogatorio abandonou os Estados Unidos —durante a estrea d'A vida de Galilei en Nova York—, viaxando a Zürich vía París. Alí pasou un ano, xa que Suíza era o único país ó que podía viaxar. Foille prohibida a entrada a Alemaña Occidental (RFA) polas autoridades de ocupación da posguerra, e tres anos despois obtivo a nacionalidade austríaca.

A comezos de 1949 trasladouse cun pasaporte checo a través de Praga a Berlín Este. Viviu na «Casa de Brecht» en Weissensee e foi director xeral do Deutsches Theater. En outono fundou xunto con Helene Weigel o Berliner Ensemble. A continuación traballou dunha maneira moi comprometida para o teatro e tivo incluso algunhas actuacións por invitación en capitais europeas. Este feito causoulle algunhas tensións coa dirección do SED (Sozialistische Einheitspartei Deutschlands: Partido Socialista Unificado de Alemaña) así como con representantes da burocracia cultural e da vida do teatro. Diversas obras foron rexeitadas, como Santa Xoana dos Matadoiros ou a película Kuhle Wampe.

Lápida conmemorativa do nacemento de Brecht en Berlín

En maio de 1956 Brecht ingresou no hospital Charité de Berlín, enfermo dunha gripe. Morreu o 14 de agosto dese mesmo ano en Berlín a causa dun ataque ó corazón.

Recentemente, en virtude do quincuaxésimo cabodano da súa morte, o xornal de Berlín, Tagesspiegel publicou as gravacións completas dun discurso dado o 1 de setembro de 1956 por Erik Mielke en virtude da súa asunción como Director da Stasi (policía secreta da RDA). Nel Mielke admitía que Brecht "quería facer unha denuncia contra un dirixente da Staatssicherheit", e logo dunha pausa, agregou: "E despois Brecht morreu dun infarto".

O teatro brechtiano está creado para un público intelectual; non escribe historias entretidas que impliquen ó espectador, nin era a súa intención. De feito, busca o distanciamento ou alienación do espectador –e incluso do actor– con respecto das personaxes. É, por todo isto, un teatro de difícil acceso, que cómpre pór no seu contexto literario e histórico. A mirada de Brecht é dura, profundamente pesimista –iso levouno a ter problemas co pretendido socialismo real feliz–, descreída, fría, como participando do distanciamento que predica para o espectador. Ademais, concibe o teatro como un instrumento para transformar o mundo, o que imprime un marcado carácter didáctico ás súas obras. Isto pode resultar molesto para o afeccionado a un teatro menos militante[3].

  1. Jürgen Hillesheim: Bertolt Brechts Augsburger Geschichten. Augsburg 2004, p. 66.
  2. Thomson, Peter (1994) "Brecht's Lives". En Thomson, Peter e Glendyr Sacks, The Cambridge Companion to Brecht. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-41446-6.páx. 24
  3. Agustín Alonso-Gutiérrez, 2007. "Teatro completo." Aceprensa, 2007-02-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]