Frank Wedekind

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrank Wedekind

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1864 Editar o valor em Wikidata
Hannover Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Múnic Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof de Munique (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zúric
Universidade de Múnic
Universidade de Lausana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDramaturxia e cabaret (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturgo , actor , actor de teatro , guionista , escritor , xornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioHugo von Trenck Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeTilly Wedekind
FillosPamela Wedekind (pt) Traducir, Kadidja Wedekind (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFriedrich Wilhelm Wedekind Editar o valor em Wikidata  e Emilie Wedekind-Kammerer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDonald Wedekind (pt) Traducir, Erika Wedekind (pt) Traducir, Armin Wedekind (en) Traducir e Emilie Wedekind (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0917149 Allocine: 69816 Allmovie: p692350 TV.com: people/frank-wedekind IBDB: 454225
Spotify: 56n7pELdz6VOsGB2pN93qu iTunes: 120895434 Musicbrainz: c2726e9c-4aeb-487f-b15e-47cf2e05724d Discogs: 586792 IMSLP: Category:Wedekind,_Frank WikiTree: Wedekind-53 Find a Grave: 14656216 Deezer: 4474680 Editar o valor em Wikidata

Benjamin Franklin Wedekind, nado en Hannover o 24 de xullo de 1864 e finado en Múnic o 9 de marzo de 1918, foi un dramaturgo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Wedekind pertencía a unha antiga familia condal, os Wedekind zur Horst; seu pai Friedrich Wilhelm Wedekind, (1816–1888), era xinecólogo e tras a fracasada revolución alemá de 1848/49 marchou a San Francisco, logrando unha fortuna considerable coa especulación do solo durante a Febre do ouro de California. En San Francisco casou con Emilie Kammerer (1840–1916), filla de Friedrich Kammerer, un dos primeiros fabricantes de mistos. En 1863 tiveron o primeiro fillo e un ano despois volveron a Alemaña, instalándose en Hannover, onde naceu Frank e alí viviu ata 1872. Os seus irmáns eran Armin Francis, William Lincoln, Frida Marianne Erika, famosa cantante de ópera, Donald Lenzelin, tamén escritor, e Emilie Richenza.

Formación[editar | editar a fonte]

Opostos á formación do Imperio Alemán a familia decidiu marchar a Suíza, instalándose no castelo de Lenzbourg no cantón de Argovia e Frank foi á escola local e a partir de 1879 estudou secundaria na escola cantonal de Aarau e alí formou a liga de poesía Senatus Poeticus con Walter Laué, Adolf Vögtlin e Oskar Schibler e para a súa irmá Emilie escribiu a epopea infantil Der Hänseken con debuxos do seu irmán Armin. A partir de 1881 recibiu sobre todo leccións individuais, por dificultades escolares. En 1884 comezou a estudar literatura alemá e francesa na Universidade de Lausana para pasar ao pouco, a petición do seu pai, a estudar dereito na Universidade de Múnic que acabou deixando. Traballou como xornalista, foi xefe do departamento de publicidade de Maggi en Suíza en 1886[1] e secretario nun circo. O seu círculo de amigos da época eran basicamente artistas e traballadores circenses, e o mundo do circo inspirou a súa poesía. e a súa poesi seu círculo de amigos nese momento consistía en artistas e persoas de circo. As actuacións do circo fascinaron a Wedekind por toda a vida e inspiraron a súa poesía. Desa época datan as súas primeiras publicacións, poesía, prosa e a súa primeira comedia. Por mor da falta de logros académicos o seu pai retiroulle o seu apoio financeiro en 1886 e no verán de 1888 comezou a estudar dereito na Universidade de Zürich pero xa tras a morte do seu pai, en outubro dese ano, deixou os seus estudos. O legado do seu pai concedeulle independencia financeira e liberdade artística.

Primeiras obras[editar | editar a fonte]

"Im heiligen Land" tal e como se publicou en Simplicissimus en 1898

En 1889 estableceuse en Múnic e entrou en contacto co escritor Otto Julius Bierbaum e en 1891 viaxou a París, onde coñeceu a Albert Langen e nese ano rematou o drama Frühlings Erwachen que deu ao prelo nese ano. En 1895 publicou na editorial de Albert Langen Der Erdgeist. Tragödie in vier Aufzügen. E continuou viaxando, a Suíza, Londres e Berlín. En 1896 volveu a Múnic e foi un dos fundadores da revista satírica Simplicissimus, escribindo so varios pseudónimos, entre outros „Hieronymos“. Nese ano publicou Der Hänseken, escrito anos antes para a súa irmá.

A difusión do poema satírico "Im heiligen Land" sobre a visita do káiser Guillerme II a Palestina en 1898 obrigouno a fuxir a París. Á súa volta a Alemaña en 1899 sentenciárono por delito de lesa maxestade a "custodia honorable" (Festungshaft), que cumpriu na fortaleza de Königstein dende o 21 de setembro de 1899 ata a súa perdoanza en febreiro de 1900.

En 1901 e 1902 traballou no cabaré muniqués Die Elf Scharfrichter, cantando as súas propias composicións acompañándose dunha guitarra, seguindo o modelo do parisiense Chat Noir e primaba a crítica ao mundo burgués das aparencias. Wedekind tamén actuaba nas súas propias pezas satíricas, contra da burguesía e da súa moralidade, especialmente coñecida é unha especie de romance de cego (Moritat) de 1902 titulado Ich habe meine Tante geschlachtet… A súa influencia no cabaré satírico alemán foi moi importante e inaugurou unha liña que logo seguiron autores como Christian Morgenstern, Otto Julius Bierbaum, Joachim Ringelnatz ou Kurt Tucholsky[2].

O 20 de novembro de 1906 representouse por primeira volta Frühlings Erwachen. Einer Kindertrögedie [3], unha crítica á opresiva cultura sexual da época e ofrece unha vigorosa dramatización das fantasías eróticas entre os estudantes alemáns, e que causou un escándalo por conter escenas de homoerotismo, masturbación, sadomasoquismo, violación, suicio e mais tamén referencias ao aborto. Foi a súa primeira grande obra teatral e unha referencia seminal na historia do teatro moderno [4]

Lulu[editar | editar a fonte]

Frank Wedekind casou en 1906 coa actriz Tilly Newes, que fixera de Lulu en Die Büchse der Pandora

Durante 21 anos, entre 1892 e 1913, Frank Wedekind traballou na traxedia Lulu, que axunta dúas obras, Erdgeist e Die Büchse der Pandora e que está considerada a súa obra máis ambiciosa, os primeiros manuscritos datan de 1892 e en 1894 tiña rematada Die Büchse der Pandora. Eine Monstretragödie. Buchdrama en cinco actos que divida en dúas partes. Os tres primeiros actos da peza publicáronse en 1895, e mais un acto engadido, co título de Der Erdgeist. A segunda parte editouse tamén de xeito independente como Die Büchse der Pandora en 1904. A súa estrea foi en Nuremberg nese ano, pero mesmo antes da súa distribución en libro as autoridades retiveron a edición por indecencia. No xuízo que se celebrou en 1906 contra do autor e do editor quedaron absoltos da acusación de difusión de escritos impudentes. Logo de numerosos arranxos, os dous dramas publicáronse xuntos en 1913 como Lulu; no proceso desapareceron o terceiro acto de Der Erdgeist e o primeiro de Die Büchse der Pandora. Así e todo, a estrea da versión enteira de Lulu só se representou en 1988 no Deutsches Schauspielhaus de Hamburg so a dirección de Peter Zadek.

As dúas pezas contan unha historia continua de Lulu, unha bailarina sexualmente atractiva, que ascende no seo da sociedade alemá por medio da súa relación con homes ricos pero que á fin cae na pobreza e na prostitución[5]. A descrición franca da sexualidade e da violencia, incluíndo lesbianismo e un encontro con Jack o Destripador, papel que se reservou o propio Wedekind na representación orixinal,[6] estendeu as fronteiras do que se consideraba aceptable no escenario na época.

Representación de Frühlings Erwachen en Berlín baixo a dirección de Max Reinhardt. No centro o home da máscara está interpretado por Wedekind

Consagración[editar | editar a fonte]

En 1912 no Deutschen Theater de Berlín programou baixo a dirección de Max Reinhardt o primeiro Wedekind-Zyklus e en 1914 o segundo Wedekind-Zyklus con enorme éxito de público, eses dous acontecementos supuxeron o cume do seu éxito dramatúrxico e literario. Mais o inicio da primeira guerra mundial supuxo un momento de dificultades financeiras para o autor e no marco da reacción patriótica pronunciou o 18 de setembro de 1914 no "Patriotischen Abend" no teatro de cámara de Múnic o discurso "Deutschland bringt die Freiheit" (Alemaña trae a liberdade), o texto apareceu na edición do 27 de decembro do Berliner Tageblatt e provocou polémica polo seu ton nacionalista, aínda que a opinión de Wedekind sobre a guerra aínda é obxecto de debate[7]. Wedekind morreu o 9 de marzo de 1918 por mor de complicacións por unha operación de eliminación do apéndice.

Legado[editar | editar a fonte]

Considérase a súa obra como de transición entre o realismo e o expresionismo e un antecedente directo do teatro do absurdo[8].

A súa obra adaptouse a numerosos formatos, G. W. Pabst realizou en 1929 o filme mudo Die Büchse der Pandora protagonizado por Louise Brooks como Lulu e Alban Berg a ópera Lulu en 1937, considerada unha das mellores óperas do século XX[9].Walerian Borowczyk dirixiu en 1980 o filme Lulu e John Linton Roberson adaptou as pezas de Lulu á banda deseñada[10], que tamén forman a base do álbum Lulu, colaboración de 2011 entre Lou Reed e a banda Metallica.[11] En 2006, Frühlings Erwachen adaptouse nun musical de Broadway: Spring Awakening.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Willett, John (1959) The Theatre of Bertolt Brecht: A Study from Eight Aspects. London: Methuen, p. 98
  2. Pascal Mougin et Karen Haddad-Wotling (2002) Dictionnaire mondial des littératures. París : Larousse, p. 36
  3. Traducida parcialmente ao galego por David Álvarez baixo o título de O Espertar da Primavera - Unha traxedia infantil en Madrygal 2006:9, pp. 167-173
  4. Banham, Martin, ed. (1998). "Wedekind, Frank". The Cambridge Guide to Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, p. 1189
  5. Mueller, Carl R. "Introduction" to Frank Wedekind: Four Major Plays, Vol 1, Lyme, New Hampshire: Smith and Krauss, 2000
  6. Willett (1959, 73n).
  7. Hartmut Vinçon "Frank Wedekind und der Erste Weltkrieg: Hinweise auf unbekannte Texte und Zusammenhänge zu einem umstrittenen Thema". literaturkritik 3 de agosto de 2014
  8. "Frank Wedekind" Encyclopaedia Britannica
  9. Harewood, Earl of. (1987) The Definitive Kobbe's Opera Book, New York: Putnam, p.875
  10. Roberson, John Linton. "Lulu"
  11. "Lou Reed & Metallica - Lulu". Loureedmetallica.com. Consultado o 11 de agosto de 2014.