A boa persoa de Sezuán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A boa persoa de Sezuán (título orixinal en alemán Der gute Mensch Sezuan) é unha obra de teatro de Bertold Brecht escrita entre 1938 e 1943 durante o seu exilio nos Estados Unidos, e coa colaboración de Ruth Berlaus e Margarete Steffins [1]. A estrea foi en Suíza o 4 de febreiro de 1943 no Schauspielhaus Zürich dirixida por Leonard Steckel con música e cancións compostas polo suízo Huldreich Georg Früh, aínda que a partir de 1947-48 substituíuse pola música composta por Paul Dessau. Considerada unha das grandes obras do teatro épico, en 1953 publicouse por primeira vez en forma de libro e no ano 2008 realizouse a primeira versión en galego [2].

Trama[editar | editar a fonte]

A acción transcorre na provincia chinesa de Sichuan, e segue a Xen Te, unha pobre prostituta nova que é a única que acolle a tres deuses que tras unha longa xira na procura de boas persoas só atoparan xente sen principios. Como recoñecemento os deuses danlle cartos coa que ela monta unha tenda de tabaco pero os clientes escasean, aparecendo pola contra abondos pedichóns, esmoleiros e comerciantes pouco escrupulosos, polo que por mor da súa xenerosidade axiña volve estar nunha situación necesitada polo que se fai pasar por un seu pretendido curmán, Xui Ta, home desapiadado co que consegue manter a rendibilidade do establecemento. Os temas da obra é o conflito entre a moralidade e o altruísmo co capitalismo e a súa explotación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Willett, John (1967) The Theatre of Bertolt Brecht: A Study from Eight Aspects. Third rev. ed. London: Methuen, 1977, pp 50-51. ISBN 0-413-34360-X.
  2. Traducida por Frank Meyer, a montaxe realizada polo Centro Dramático Galego dirixiuna Nuno Cardoso, a estrea foi o 25 de outubro de 2008 publicándoa Laiovento en 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]