Saltar ao contido

Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña
Logotipo
(1920)
Imaxe
(1919)
 Instancia de
Características
 Posición política
Implicados
 Presidente/a
Hugo Haase 1917 1919
Georg Ledebour 1917 1919
Theodor Liebknecht 1919 1931 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1917 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1920 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1917Q622092 Traducir Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF167815371 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122866671 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01x_b8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (en alemán: Unabhängige Sozialdemokratische Partei Deutschlands, USPD) foi un partido da esquerda socialista formado pola esquerda do SPD oposto ao apoio que daba este partido á participación de Alemaña durante a primeira guerra mundial. A súa orixe está no voto en contra de 20 parlamentarios do SPD para autorizar créditos para o financiamento da guerra, o que enfrontou á tendencia pacifista dirixida por Hugo Haase coa dirección e que acabou na expulsión da fracción pacifista o 24 de marzo de 1916 e a fundación da USPD o 6 de abril de 1917, no novo partido integrouse a Liga Espartaquista pero mantendo a súa autonomía. Formou parte do goberno durante a breve experiencia da Revolución de Novembro (1918) e durante ese tempo a Liga Espartaquista deixou a USPD para con outros grupos fundar o Partido Comunista de Alemaña. Nas eleccións do 19 de xaneiro de 1919 tivo o 7.6% dos votos e 22 escanos, o seu apoio ao goberno dos concellos no canto do parlamentario atraeu cara ao partido a moitos militantes do SPD chegando a 750.000 afiliados en 1920 e obtivo o 17.9% dos votos nas eleccións de 6 de xuño de 1920 e 81 escanos, mais o debate sobre a entrada no Komitern dividiu ao partido, o 4 de decembro de 1920 a esquerda da USPD con 400.000 militantes uniuse ao KPD mentres o resto mantivo as siglas da USPD pero xa defendendo a democracia parlamentaria, e o 24 de setembro de 1922 o USPD uniuse de novo ao SPD, un pequeno grupo continuou coas siglas pero con escasa influencia social, en 1931 formou con disidentes do SPD o Partido Socialista dos Traballadores de Alemaña.