Arguineguín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArguineguín
Imaxe

Localización
Mapa
 27°45′44″N 15°41′01″O / 27.762222222222, -15.683611111111Coordenadas: 27°45′44″N 15°41′01″O / 27.762222222222, -15.683611111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas
MunicipioMogán Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.004 (2015) Editar o valor em Wikidata

Páxina webmogan.es Editar o valor em Wikidata
Parque de Arguineguín aberto en abril de 2006.

Arguineguín é unha localidade da costa sur de Gran Canaria, en España. Pertence ao concello de Mogán e está situada ao suroeste das Palmas de Gran Canaria.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de Arguineguín data de 1492 aproximadamente, cando Cristovo Colón tiña o propósito de descubrir as indias, pero descubriu América. Cristovo Colón levaba nos seus barcos mariñeiros procedentes do norte de España.

O nome de Arguineguín vén do éuscaro Argin-Egin que significa "Dáme a luz".

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do INE en 2010, Arguineguín tiña unha poboación de 2.676 habitantes (1.424 homes e 1.252 mulleres).

Turismo[editar | editar a fonte]

Arguineguín é un lugar turístico, que posúe unha extensa praia e un importante porto pesqueiro, onde se concentra a maior confraría de pescadores da illa de Gran Canaria.

Ademais da praia, outro atractivo turístico é o Barranco de Arguineguín, onde atopamos toda clase de froitos tropicais. Cabe destacar tamén os seus numerosos xardíns e parques, así como outras obras arquitectónicas, a maioría inauguradas nos últimos anos debido ao aumento do turismo.

Na vila pódense realizar moitos deportes acuáticos como submarinismo ou surf.

Festividades[editar | editar a fonte]

Personaxes ilustres[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]