Arcansas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arkansas»)
Modelo:Xeografía políticaArcansas
State of Arkansas (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoArkansas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Regnat populus» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialTordo-imitador (pt) Traducir (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Natural State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aQuapaw (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 34°48′N 92°12′O / 34.8, -92.2Coordenadas: 34°48′N 92°12′O / 34.8, -92.2
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalLittle Rock Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.011.524 (2020) Editar o valor em Wikidata (21,86 hab./km²)
Número de fogares1.170.544 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie137.733 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,15 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Mississippi Editar o valor em Wikidata
Altitude198 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMount Magazine (en) Traducir (839 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOuachita River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación15 de xuño de 1836 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
12 de abril de 1861Guerra civil estadounidense Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Arkansas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataSarah Huckabee Sanders (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Arcansas , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialArkansas Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-AR Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS68085 Editar o valor em Wikidata

Páxina webportal.arkansas.gov Editar o valor em Wikidata

Arcansas[1][2][3], ás veces tamén nomeado Arkansas,[4][5] (do algonquino kansas, termo para referirse ó pobo quapaw), é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos. O lema de Arcansas é "O Estado Natural" (The Natural State). A súa capital é Little Rock, ten unha superficie de 137.732 km², e unha poboación de 2 673 000 habitantes (2000). Uniuse á Unión en 1836.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Mississippi acompaña gran parte da fronteira leste de Arcansas, excepto nos condados de Clay e Greene, onde o río Saint Francis fai a fronteira oeste da "bota do Missouri", e en decenas de lugares onde o actual leito do Mississippi formou meandros ou onde foi anteriormente establecido por lei.[6] Arcansas ten fronteira ó sur con Louisiana, ó norte co Missouri, ó leste co Tennessee e Mississippi, o oeste co Texas e Oklahoma.

Arcansas é unha terra de montañas e vales, de densos bosques e fértiles chairas. As así chamadas Terras Baixas son máis coñecidas polos seus nomes rexionais, o Delta e a Grande Pradaria. O Delta do Arcansas é unha paisaxe plana de solos aluviais formada por succesivas inundacións do adxacente Mississippi. Afastada do río, na porción sur do estado, sitúase a Grande Pradaria, formada por terreos máis ondulados. O Delta e a Grande Pradaría son fértiles áreas agrícolas.

O estado de Arcansas está dividido, administrativamente, en 75 condados, dos que o máis habitado é o de Pulaski. A lista completa recolle: Arcansas, Ashley, Baxter, Benton, Boone, Bradley, Calhoun, Carroll, Chicot, Clark, Clay, Cleburne, Cleveland, Columbia, Conway, Craighead, Crawford, Crittenden, Cross, Dallas, Desha, Drew, Faulkner, Franklin, Fulton, Garland, Grant, Greene, Hempstead, Hot Spring, Howard, Independence, Izard, Jackson, Jefferson, Johnson, Lafayette, Lawrence, Lee, Lincoln, Little River, Logan, Lonoke, Madison, Marion, Miller, Mississippi, Monroe, Montgomery, Nevada, Newton, Ouachita, Perry, Phillips, Pike, Poinsett, Polk, Pope, Prairie, Pulaski, Randolph, St. Francis, Saline, Scott, Searcy, Sebastian, Sevier, Sharp, Stone, Union, Van Buren, Washington, White, Woodruff e Yell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2006. ISBN 9788482893600. 
  5. Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. Límites do estado do Arcansas[Ligazón morta] de Encyclopedia of Arkansas[Ligazón morta]