Little Rock
| Little Rock, Arkansas (en) | |||||||
| Epónimo | The Little Rock (en) | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||||
| |||||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||||
| Estado federado | Arcansas | ||||||
| Condado | condado de Pulaski (pt) | ||||||
| Capital de | |||||||
| Poboación | |||||||
| Poboación | 202.591 (2020) | ||||||
| Número de fogares | 83.525 (2020) | ||||||
| Xeografía | |||||||
| Situado na entidade territorial estatística | Little Rock–North Little Rock–Conway metropolitan area (en) | ||||||
| Superficie | 314,16 km² | ||||||
| Auga | 1,4811 % (1 de abril de 2010) | ||||||
| Bañado por | Río Arkansas | ||||||
| Altitude | 102 m | ||||||
| Comparte fronteira con | |||||||
| Datos históricos | |||||||
| Creación | 1 de xuño de 1821 | ||||||
Evento clave
| |||||||
| Organización política | |||||||
| • Mayor of Little Rock, Arkansas (en) | Frank Scott Jr. (2019–) | ||||||
| Moeda | dólar estadounidense | ||||||
| Identificador descritivo | |||||||
| Código postal | 72201, 72202, 72203, 72204, 72205, 72206, 72207, 72209, 72210, 72211, 72212, 72214, 72215, 72216, 72217, 72219, 72221, 72222, 72223, 72225, 72227, 72231, 72255, 72260 e 72295 | ||||||
| Fuso horario | |||||||
| Prefixo telefónico | 501 | ||||||
| Outro | |||||||
| Irmandado con | Pachuca de Soto Samsun Grandrieu Mons Ragusa Kalush (pt) Hanam (en) Kaohsiung Changchun (1994–) Newcastle upon Tyne (2014–) | ||||||
| Sitio web | littlerock.gov | ||||||
Little Rock é unha cidade dos Estados Unidos, a capital e a cidade máis grande do estado de Arcansas. Está localizada no centro do estado, no condado de Pulaski e o seu nome deriva dunha pequena rocha situada nun extremo do río Arcansas, chamada La Petite Roche.
Segundo o censo de 2008 tiña unha poboación de 189.515, cun total de 675.069 no área metropolitana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Little Rock está localizada na parte sur do río Arcansas, no centro de Arcansas. A parte occidental da cidade está localizada nas faldras das montañas Ouachita. No norte, o lago Maumelle proporciona auga potable á cidade.
O seu fuso horario é o Central, (UCT -6).
Demografía
[editar | editar a fonte]De acordo co censo de 2008, Little Rock ten unha poboación de 189.515 persoas, sendo a densidade de poboación de 626,39 hab/km². En 2000, a poboación de Little Rock era un 55% de etnia branca, o 40,41% eran afroamericanos, o 2,67% eran latinos, o 1,66% eran asiáticos e o 1,28% pertencía a outras etnias.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1722, un explorador francés chamado Bernard de la Harpe atopou unha pequena roca ao carón da ribeira do río Arcansas, á que chamou La Petite Roche ("A Pequena Roca", en francés), e preto da cal construíu un posto comercial.
En 1819 fúndase Little Rock, a cal convértese na capital do estado de Arcansas en 1821. En 1836, Arcansas convértese no 25º estado de Estados Unidos, sendo Little Rock a súa capital. No período da Guerra de Secesión, Little Rock uniuse ao bando confederado.
En 1911 construír o Capitolio do Estado de Arcansas. Converteuse no terceiro edificio estatal da cidade.
En 1957 producíronse graves disturbios raciais nun instituto de Little Rock. A magnitude dos feitos foi tal, que o exército tivo que intervir para disolver as revoltas.
En 1992 o Gobernador de Arcansas Bill Clinton converteuse na primeira persoa deste estado en converterse en presidente dos Estados Unidos.
A banda de rock Evanescence provén desta cidade.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]A cidade está irmandada con:
Kaoshiung, China (1983)
Hanam City, Corea do Sur (1992)
Changchun, China (1994)
Ragusa, Italia (1997)
Mons, Bélxica
Pachuca de Soto, México (2006)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Little Rock |
