Antílope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lámina con varias especies de antílopes. En Kunstformen der Natur (Formas de Arte da Natureza), de Ernst Haeckel (1904).
Unha gacela, antílope típico.

Antílope é o nome comúm que se aplica a numerosas especies de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos,[1] especialmente aos das subfamilias dos alcelafinos, antilopinos, cefalofinos e hipotraguinos, pero tamén aos doutras subfamilias próximas (e mesmo a algunhas das especies da subfamilia dos bovinos).

Todos eles caracerízanse polas súas formas esveltas, elegantes, con patas delgadas e cornos longos, arqueados, que viven nas estepas e sabanas de África e Asia, e incluso de Norteamérica (no caso de Antilocapra americana, chamado berrendo polos hispanofalantes), e tamén nos bosques e nos desertos, segundo as especies. O seu tamaño e o seu peso son variábeis, oscilando o peso entre os 30 e os 40 cm de lonxitude e dos 3 a 5 kg de peso dos dik-diks (xénero Madoqua) e os 3,80 m e 800 kg do eland do Cabo (Taurotragus oryx).

Os antílopes, como os outros ruminantes, aliméntanse de vexetais, especialmente de gramíneas. Prefiren adoito a herba verde, pero algúns non son exclusivamente herbívoros. e comen de cando en vez, ou mesmo prioritariamente, follas de arbustos.

Os antílopes descenden do Eotragus, que viviu na era secundaria,, no mioceno inferior e medio (hai de 20 a 14 millóns der anos) en Europa, Asia e África. De pequeno tamaño, corpo compacto e patas longas, e con cornos pequenos situados en posición vertical, lixeiramente curvados cara a atrás. O seu aspecto demallaría ao dos actuais duiqueros (xénero Cephalophus) ou talvez ao antílope anano (Neotragus pygmaeus).

As múltiplas variedades de ruminantes evolucionaron rapidamente. Numerosas especies xa desapareceron; todos os animais considerados hoxe como antílopes apareceron hai uns 2 millóns de anos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Ilustración dun antílope na obra de Edward Topsell The History of Four-footed Beasts. (1607).

O termo antílope entrou nas linguas modernas a través do francés antilope que usou por primeira vez quizais o naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1766, cando describiu a especie Antilope buselaphus (hoxe coñecida como Alcelaphus buselaphus).

O nome antilope tirouno do baixo latín ant(h)alopus. E, de onde veu este ant(h)alopus? Pois os etimoloxistas din que foi na forma coa que os tradutores adaptaron a voz do grego bizantino ανθόλοψ anthólops.

A palabra anthólops foi empregada por primeira vez contra o ano 336 por Eustacio de Antioquía, bispo desta cidade, coa que denominou a un animal fabuloso "que habitaba nas beiras do río Éufrates, e que era moi salvaxe, difícil de capturar e que tiña longos cornos en forma de serra capaces de abater árbores".[2]

O termo debeu pasar ao francés no século XIII baixo as formas antelu, antelop, antalopus e antholops (co significado de "animal fabuloso"). Do francés medieval pasou máis tarde ao inglés, como antelope,[3] antes de volver a entrar no francés no século XVII coa forma actual antilope,[4][5]

Segundo outros, antílope talvez deriva do grego άνθος ánthos, "flor" e ώψ óps, ollo), o quer viría a significar "ollos fermosos" aludindo ás longas pestanas destes animais; porén, esta hipótese pode ser unha etimoloxía popular posterior.

Características[editar | editar a fonte]

Litocranius walleri, coñecido como antílope xirafa, pode permanecer de pé sobre as súas patas posteriores para comer follas e pólas das árbores.

Todos os bóvidos teñen pezuñas, pupilas horizontais e (polo menos os machos) cornos óseos cubertos por un estoxo córneo. Estas características básicas, porén, ocultan enormes diferenzas de aspecto entre vacas, cabras e ovellas, e entre os propios antílopes.[6] Por exemplo, un eland do Cabo (Taurotragus oryx) macho pode chegar até os 180 cm de altura na cruz e pesar case 950 kg, mentres que un antílope anano (Neotragus pygmaeus) adulto pode alcanzar tan só 24 cm de altura na cruz e tan só 1,5 kg de peso.

Os antílopes son animais de longas, potentes e esveltas patas, e moitos poden correr a gran velocidade. Algúns están adaptados para habitar en zonas rochosas. E tanto o dibatag ou antílope de Clarke (Ammodorcas clarkei) como o antílope xirafa (Litocranius walleri) caracterízanse polas súas patas e pescozos moi longos e finos, adaptados aos seus costumes de comer ramallos de árbores e arbustos.[7]

Algúns antílopes son capaces de correr moi rápido en distancias curtas. Os máis veloces poden chegar puntualmente a 90 ou 100 km/h, e correr a 50 ou 60 km/h en distancias máis longas. E poden dar saltos de até 4 m de altura e de até 15 m de lonxitude. A natureza seleccionou as formas dos antílopes adaptados á carreira, que é unha característica vital para a maioría deles, expostos a múltiples depredadores nas sabanas e estepas africanas onde viven. O feito de que as crías sexan capaces de camiñar e correr moi pouco trempo despois de naceren, é tamén unha consecuencia desta presión de selección.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Hippotragus niger (antílope sable), do suroeste de África.
Un macho e dúas femias de Antilope cervicapra, antílope da India.

A maior parte das especies de antílopes son nativas de África, pero algunhas habitan en Asia, e unhas poucas en Europa (xéneros Saiga e Rupicapra) e en Norteamérica onde ademias do actual Antilocapra americana, habitou o saiga durante o plistoceno medio, pero se extinguiu a principios do holoceno.[8]

Moitas especies de antílopes se introduciron noutras partes do mundo diferentes dos seus lugares de orixe, ben parea aproveitar a súa carne como alimento, ben para a caza, especialmente nos Estados Unidos, onde en Texas, en particular, debido ao hábitat e clima adecuados para distintas especies de antílope das chairas de África e Asia, hai numerosos coutos de caza onde poden encontrarse poboacións asilvestradas de Antilope cervicapra (o antílope negro, da India), de Oryx gazella (órice do Cabo) e de Boselaphus tragocamelus (nilgó).[9]

Os antílopes viven nunha gran variedade de hábitats. Numericamente, a maioría viven nas sabanas africanas.

Porén, tamén hai especies como a saiga (Saiga tartarica]], adaptada ao frío e a ambientes áridos, que vive nas estepas de Rusia e Asia central, o órice da Arabia (Oryx leucoryx, adaptado ao deserto, o antílope salta rochas (Oreotragus oreotragus) a ambientes rochosos, e a sitatunga (Tragelaphus spekii), propia de ambientes semiacuáticos.[10]

As especies que viven nos bosques tenden a ser sedentarias, pero moitas das que habitan nas chairas realizan grandes migracións, o que lles permite seguir as chuvias e poser aproveitar así os pasteiros nos que se alimentan.

Os ñus e as gacelas de África oriental realizan algunhas das máis impresionantes migracións en masa de todos os mamíferos.[11]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

As aproximadamente 90 especies de antílopes, das que a maioría son propias de África, clasifícanse nuns 30 xéneros. A clasificación das subfamilias dentro dos bóvidos é aínda un tema de debate, con varios sistemas alternativos propostos.

Os antílopes non son un clado ou grupo taxonomicamente definido. O termo utilízase para designar a todos os membros da familia dos bóvidos que no entran na categoría de ovellas, vacas ou cabras. Polo xeral, todas as especies das subfamilias dos alcelafinos, antilopinos, hipotraguinos, reduncinos e cefalofinos, entre outras, son chamados antílopes. Así mesmo, os rebezos (xénero Rupicapra) tamén se consideran antílopes.[12]

Ademais, tamén se denomina antílopes o berrendo ou antílope americano (Antilocapra americana), da familia dos antilocápridos e o hiemosco (Hyemoschus aquaticus), da familia dos tragúlidos, aínda que moitos non os consideran como verdadeiros antílopes.[7]

Xéneros e especies[editar | editar a fonte]

Aínda que as especies ás que se lles pode atribuír o nome de antílope sexa algo impreciso, unha lista de xéneros e especies pode ser a seguinte:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. antílope no dicionario da RAG.
  2. antelope no Dictionary.com. Online Etymology Dictionary. Douglas Harper, Historian. Consultado o 2 de setembro de 2014.
  3. antelope no Merriam-Webster Online Dictionary.
  4. antilope no Centre national de ressources textuelles et lexicales.
  5. antilope no Trésor de la langue française informatisé.
  6. E. S. Vbra & G. B. Schaller (2000): Antelopes, deer, and relatives: fossil record, behavioral ecology, systematics, and conservation. New Haven (Connecticut): Yale University Press.
  7. 7,0 7,1 Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos, Tomo II. Historia Natural Destino, vol. 17. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
  8. Van der Made, J. (2005): "La fauna americana" en E. Carbonell, ed. Homínidos: las primeras ocupaciones de los continentes 1ª edición . Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-6789-5.
  9. Elizabeth Cary Mungall (2007): Exotic Animal Field Guide: Nonnative Hoofed Mammals in the United States. Texas A&M University Press. College Station. ISBN 1-58544-555-X.
  10. Spinage, C. A. (1986): The Natural History of Antelopes. New York: Facts on File Publications.
  11. Estes, Richard D. (1992): The Behavior Guide to African Mammals. University of California Press.
  12. Cuisin, Michel (1977): "Glosario" en: L. Harrison Matthews, ed. La Vida de los Mamíferos, Tomo I Historia Natural Destino, vol. 16. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0699-2.
  13. Ás veces clasificado como Sigmoceros lichtensteinii,
  14. Véxase Alcelaphus.
  15. Hoxe incluída, pola maioría dos autores, na subfamilia dos reduncinos.
  16. Vésaxe peleinos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]