Addax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Addax
Addax.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 CR gl.svg
En perigo crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Hippotraginae
Xénero: Addax
Nome científico
Addax nasomaculatus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O addax (Addax nasomaculatus) é un antílope de extrema rareza que vive en múltiples zonas illadas do Sáhara. O addax mide arredor de 1 metro de altura e pesa 125 kg. É de cor branca, agás o seu peito, pescozo e testa que son predominantemente castaños, cunha zona branca sobre a ponte do nariz e outras arredor da boca. Os cornos anelados están presentes nos machos e femias, diferenciándose no tamaño: nos machos chegan aos 120 cm de longo e nas femias a 80 cm. A diferenza doutros antílopes carece de glándulas faciais e presenta unha gran dentamia rectangular, semellante á do gando.[1]

Os addax viven en zonas desérticas, alimentándose da herba e follas dos arbustos que están adaptados ao deserto. Non beben, obtendo toda a humidade que precisan do que comen. É un animal nocturno, descansando durante o día en buratos que eles mesmos escarvan. Viven en rabaños de entre dous e vinte animais, femias e machos, cunha forte estrutura social baseada na idade, o macho máis vello conduce a grea, percorrendo grandes distancias na procura de alimento.

En grave perigo de extinción, en 1966 había 6.000, mentres en 1998 quedaban uns 200 individuos en Chad, Mali, Mauritania e Níxer, algún rabaño illado no sur de Libia, non hai evidencia da súa conservación máis ao norte. En Alxeria extinguiuse arredor de 1970. [Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert Burton The International Wildlife Encyclopedia, vol 8. Marshall Cavendish, 2002, páxina 24
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Addax