Antidorcas marsupialis
Antidorcas marsupialis | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Antidorcas marsupialis no Parque Nacional Etosha (Namibia) | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Antidorcas marsupialis (Zimmermann, 1780) | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antidorcas marsupialis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[2]
É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen tres subespecies.[2]
Propia da África do Sur (é a única gacela que se en contra ao sur do río Zambeze), é un dos animais máis característicos da República surafricana, onde é o seu emblema nacional e o fetiche do seu equipo de rugby.[3]
Ademais de en Suráfrica, a especie tamén está presente en Namibia, Botswana e no sur de Angola.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero Antidorcas foi creado en 1845 polo zoólogo sueco Carl Jakob Sundevall, nun traballo publicado en Kongl. Svenska Vet.-Akad. Handl. Stockholm, 1845: 271.[2]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie fora descrita moitos anos antes, en 1780, polo xeógrafo e zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nun traballo publicado na revista Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 2: 427.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Antidorcas está formado pola unión dos elementos do latín científico Anti- e -dorcas, derivados do prefixo latino anti-, adaptación do corresponente do grego antigo ἁντι-, derivado da preposición ἁντί antí que, entre outros significados, pode traducirse por 'á maneira de' (é dicir, 'semellante', 'parecido'), e o substantivo δορκάς dorkás, 'gacela'. Isto é, 'parecido ás gacelas que coñecían os antigos gregos').[5]
Especie
[editar | editar a fonte]En canto ao nome específico, marsupialis, 'marsupial', é un adxectivo do latín científico derivada de marsūpium, voz tirada do latín clásico marsuppium ou marsīpium 'bolsa' (especiamete referida á abdominal dos marsupiais), adaptación dos termos do grego antigo μαρσίππιον marsíppion ou μαρσύππιον marsýppion, derivados de μάρσιππος mársippos, 'bolsa',[6] en alusión á dobra de pel que este antilope te n na rexión dorsal, da que máis adelante se fala.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na actualidade, os autores recoñecen, dentro desta especie, as tres subespecies seguintes:[4]
- Antidorcas marsupialis angolensis (Blaine, 1922)
- Antidorcas marsupialis hofmeyri (Thomas, 1926)
- Antidorcas marsupialis marsupialis (Zimmermann, 1780)
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais do nome actualmente aceptado, ao longo da historia a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[7]
- Antidorcas euchore (Sundevall, 1847)
- Antilope dorsata (Daudin, 1802)
- Antilope saccata (Boddaert, 1785)
- Antilope saliens (Daudin, 1802)
- Antilope saltatrix (Link, 1795)
- Capra pygargus (Thunberg, 1795)
- Cemas marsupialis (Oken, 1816)
- Cerophorus euchore (de Blainville, 1816)
- Gazella sautante (Burton, 1782)
Características
[editar | editar a fonte]É unha gacela de tamaño mediano, moi grácil e brillantemente coloreada, cunha distribución de cores rechamante, e cunha característica única entre os bóvidos, a presenza dunha dobra na pel, particularmente longa, do dorso do tronco. A coloración xeral é predominantemente pardo amarelada (rubia) brillante no dorso, cunha banda ancha nos flancos de cor parda escura (chocolate), separando os flancos das partes inferiores ou ventrais, que son de cor branca pura. A cabeza é completamente branca, cunha estreita raia de cor apardazada a través do ollo e desde a meixela até o fociño. As nádegas, así como unha ampla mancha triangular na parte inferior das ancas de cor branca pura, bordeada de cor parda escura. Estando o animal en repouso, a dobra do lombo permanece pechada, e só é visíbel unha estreita liña escura na parte final do lombo e na superior das ancas Pero cando o animal está excitado, ben por medo, ben cando está xogando, esta especie de bolsa ábrese amplamente para formar unha a xeito de crista conspicua de pelos moi longos e serdosos, de cor brancca pura. Os cornos, nos machos, son claramente curtos (de 36 a 48,5 cm), pero rexos, fortemente curvados a modo de lira, levantándose lixeiramente desde a base cara a arriba e cara a atrás, e facéndose diverxentes cara a fóra e curvándose agudamente cara a dntro para formaren unha especie de gancho nas puntas. As femias son similares aos machos, pero de menor tamaño e cos cornos máis curtos, máis finos e máis rectos.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Antidorcas marsupialis en Namibia
-
Combate entre dous machos
-
Xunto con cebras nunha pista do P. N. Etosha
-
Antidorcas marsupialis machos
-
Macho no P. N, Etosha
-
Na sabana do P. N. Etosha
-
Macho en repouso
-
Antidorcas marsupialis femia e cudú maior macho
-
Xuvenil facendo un salto característico desta especie
-
No Parque de Kgalagadi, Suráfrica
Status
[editar | editar a fonte]Segundo constata o Grupo de especialistas en antílopes da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a especie está moi estendida, sendo un dos antílopes máis abundantes da rexión de África do Sur. Ademais, non hai ameazas importantes para a súa supervivencia a longo prazo, e é pouco probábel que o estado de conservación da especie cambie mentres se continúe co bo manexo das súas poboacións tanto en terras privadas como nas zonas protexidas, polo que cualifican o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 IUCN SSC Antelope Specialist Group: (2016): Antidorcas marsupialis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 13 de outubro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Antidorcas en MSW.
- ↑ 3,0 3,1 Dorst & Dandelot 1973, p. 231.
- ↑ 4,0 4,1 Antidorcas marsupialis en MSW.
- ↑ Antidorcas no Merriam Webster Dictionary. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ marsupium no Merriam Webster Dictionary. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ James W. Cain III, Paul R. Krausman & Heather L. Germaine (2004): "Antidorcas marsupialis" Mammalian Species. 753: 1–7. Consultada o 13 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antidorcas marsupialis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antidorcas marsupialis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S.A.
- Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A.ISBN 84-7634-752-9.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |