Eustaquio de Antioquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eustacio de Antioquía»)
Eustaquio de Antioquía
Nacementoséculo III
Lugar de nacementoSida
Falecementoséculo IV
Lugar de falecementoTrajanópolis
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónsacerdote, Patriarca e Christian theologian
editar datos en Wikidata ]

Eustacio ou Eustaquio de Antioquía (en grego Εὐστάθιος, Eustáthios) foi un Patriarca de Antioquía, pero nado en Side, cidade da Panfilia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo Nicetas Choniates, Eustacio era descendente dunha familia de Filipos en Macedonia. Foi bispo de Beroea de Siria e patriarca de Antioquía segundo o Concilio de Nicea I onde leu o panexírico do emperador.

Inimigo dos arianos, viu como os bispos seguidores de Ario convocaron un sínodo en Antioquía no que se presentaron graves cargos contra el, até conseguir que o emperador o depuxera do seu cargo por adulterio,[1] e o enviara ao exilio en Tracia contra o ano 329 ou 330. Entre as acusacións houbo varias de tipo sexual realizadas por unha muller que confesou a súa falsidade no leito de morte. Crese que Eustacio morreu no exilio pouco antes desta confesión, posibelmente antes do ano 358, cando Atanasio xa fala del como se estivera morto.

Escribiu diversas obras, entre elas unha contra Oríxenes titulada Κατὰ Ὠριγένους διαγνωστικὸς εἰς τὸ ἐγγαστρομύθου θεώρημα.[2] Tamén escribiu abundantes homilías, epístolas e interpretacións dos salmos.

Foi declarado santo, e a súa festividade é o 16 de xullo.

Predecesor:
Filogonio
Patriarca de Antioquía
324330
Sucesor:
Paulino I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Filostorgio, en Photius, Epítome da Historia Eclesiástca de Filostorgio, libro 2, capítulo 7.
  2. Edición crítica do tratado e de demais fragmentos: Eustathius Antiochenus, Opera omnia. J. H. Declerck (ed.), Turnhout: Brepols, 2002 (Corpus Christianorum Series Graeca, 51), CDLXII+288 p., 155 x 245 mm, ISBN 978-2-503-40511-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]